Saltar ao contido

Enma González Bermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emma Rosa González Bermello»)
Modelo:BiografíaEnma González Bermello
Biografía
Nacemento(es) Emma González Bermello Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
1981 – 1989
Alcaldesa de Vigo
1978 – 1979
← Joaquín García PicherManoel Soto Ferreiro →
Alcaldesa de Vigo
15 de xaneiro de 1976 – 26 de xaneiro de 1976
← Joaquín García PicherJoaquín García Picher → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Enma Rosa González Bermello, nada en Ourense o 21 de setembro de 1931 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2014,[1] foi unha política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia de pequenos empresarios e comerciantes do sector dos electrodomésticos, Enma González Bermello trasladouse a vivir a Vigo aos 3 anos. Nos últimos anos do franquismo escollérona concelleira nesa cidade polo terzo familiar, onde se ocupou de parques e xardíns. En xaneiro de 1976, e como consecuencia do cambio de réxime, prodúcese unha renovación das alcaldías: os alcaldes designados polo gobernador civil dimitían e uns días despois volvían ser elixidos polo conxunto da corporación. Nesa situación, Enma González Bermello foi a primeira alcaldesa dunha cidade de Galicia, en substitución de Joaquín García Picher, aínda que fose unicamente durante dúas semanas, do 15 ao 25 de xaneiro de 1976[2].

En 1978, trala dimisión de Joaquín García Picher, e antes das primeiras eleccións municipais democráticas, foi elixida alcaldesa entre os demais concelleiros. Volveu de novo a ocupar o asento de alcaldesa, poucos meses antes do que o fixese Berta Tapia na Coruña. Durante ese tempo a crispación política no concello de Vigo fora moi importante: sete concelleiros (un terzo da corporación), e viviuse unha folga de funcionarios municipais[2]. González Bermello mantívose no cargo até as eleccións de 1979.

Nas primeiras eleccións galegas, Enma González concorreu na lista da UCD pola provincia de Pontevedra, e saíu elixida deputada. Foi unha das tres primeiras parlamentarias galegas canda Carmen Lovelle e Flora Veiga, e xurou o seu cargo vestida de traxe tradicional[3]. Na segunda lexislatura foi reelixida, neste caso nas listas de Alianza Popular, mais en 1987 múdase a Coalición Galega. En 1989 abandonaría a vida política.


Predecesor:
Joaquín García Picher
 
alcaldesa de Vigo
 
xaneiro de 1976
Sucesor:
Joaquín García Picher
Predecesor:
Joaquín García Picher
 
alcaldesa de Vigo
 
1978-1979
Sucesor:
Manoel Soto Ferreiro

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Apartada da vida política, padeceu de alzheimer, morreu en 2014 aos 82 anos.[3]

  1. Franco, F (15/1/2014). "Fallece Emma González Bermello, primera alcaldesa de Vigo y Galicia". Faro de Vigo (en castelán). .
  2. 2,0 2,1 "Emma González, primera alcaldesa nombrada en Galicia tras morir Franco". La Voz de Galicia (en castelán). 12/01/2021. Consultado o 12/01/2021. 
  3. 3,0 3,1 Vázquez Lorenzo, Alexandre (18/7/2011). "La autonomía, en femenino". El País. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy