Saltar ao contido

Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVigo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°14′09″N 8°43′36″O / 42.2358, -8.7267
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalVigo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación293.652 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.692,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie109,06 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e ría de Vigo Editar o valor en Wikidata
Altitude28 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAbel Caballero (2007–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vigo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36201–36216 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36057 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvigo.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: 168168246554044 BNE: XX450758 Editar o valor en Wikidata

Vigo (Gl-Vigo.ogg pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica[1]) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo, a máis meridional das Rías Baixas.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Con 480 525 habitantes na área metropolitana e 296 226 habitantes na cidade en xullo de 2023,[2] é o concello máis poboado de Galicia, o décimo cuarto de España, e o primeiro sen rango de capital de provincia.[3] A súa extensión é de 109,06 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2720,45 hab/km² aínda que na zona urbana se incrementa notablemente.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Vigo.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos do Porriño e Gondomar, e ao suroeste co concello de Nigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o Castro, con 149 metros de altura e unha superficie de 21 ha.[4] Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas. Salienta como punto máis alto o Monte Galiñeiro, seguido do Monte Alba, ambos os dous pertencentes á Serra do Galiñeiro.

División administrativa

[editar | editar a fonte]

O concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios, como As Travesas, O Calvario, O Berbés, Casabranca, O Areal, O Castro... Porén, a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva.

Parroquias históricas de Vigo

As parroquias históricas do concello de Vigo son: Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares, Santa María de Vigo, Santiago de Vigo e Zamáns.

Debido ao crecemento da cidade, foron creadas novas parroquias eclesiásticas, tanto no núcleo urbano, como San Francisco do Berbés, Santo Antonio da Florida, Santa Marta de Balaídos, Santa Lucía da Salgueira ou San Xoán do Monte, como tamén na zona periurbana, como San Paio de Lavadores, Santa Clara ou Santa Tareixa de Xesús. Dúas delas, A Florida e San Paio conseguiron o rango de parroquia civil no Nomenclátor de Galicia[5], mais non aparecen no Nomenclátor estatístico de Galicia[6]. Ao igual que Bouzas e Coia (e algunhas partes de Lavadores, Freixeiro e Teis), os datos censuais destas últimas son incluídos dentro da cidade de Vigo[6]. Á esquerda pode verse o mapa das parroquias eclesiásticas do concello.

División en parroquias eclesiásticas de Vigo.

Eclesiasticamente divídese en seis arciprestados: Vigo-Santo André, Vigo-Fragoso, Vigo-Lavadores, Vigo-Teis, Vigo-Casabranca e Vigo-Centro.

O clima da cidade de Vigo é oceánico con influencias mediterráneas (tipo "Csb" na clasificación climática de Köppen). Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns cálidos pero non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C. A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa seca estival. Pódese dicir que é un clima oceánico de transición ao mediterráneo, un clima privilexiado característico das Rías Baixas. O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais. Os ventos do nordés arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo así o afloramento das frías. Debido á súa baixa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.[Cómpre referencia]

A ría de Vigo é un dos puntos máis chuviosos de Galicia, con abondosas precipitacións e rexistro de 1 918 milímetros anuais, segundo fontes da AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Isto provoca que Vigo sexa a terceira cidade de Europa onde máis chove ao ano (medido en litros por metro cadrado) tras Trondheim (Noruega, primeira) e Santiago de Compostela (Galicia, segunda). Porén, Vigo conta cun maior número de días albadeados que a meirande parte de concellos galegos, equiparábel aos que teñen en Tarifa, Málaga ou Valencia.[7][8] No inverno as xeadas escasean e as temperaturas non adoitan baixar dos 12 °C.


As temperaturas que se amosan na táboa inferior, pertencentes á estación meteorolóxica do aeroporto, non reflicten a realidade do clima da cidade, moito máis benevolente. Aínda que as medidas son certas e tomadas dentro do termo municipal de Vigo, están tomadas a 264 metros de altitude e a 10 quilómetros do centro, no aeroporto, nunha zona onde o clima é máis frío que na cidade e onde a brétema é bastante frecuente.

Aeroporto de Vigo (1972-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 21,0 27,6 28,0 29,6 33,6 38,6 36,6 37,5 36,0 30,0 24,6 23,2
38,6
Temperatura máxima media (°C) 11,6 12,9 15,1 16,1 18,2 22,0 24,3 24,2 22,4 18,5 14,7 12,3
17,7
Temperatura media (°C) 8,3 9,3 10,9 11,9 14,0 17,3 19,4 19,4 18,0 14,6 11,3 9,2
13,6
Temperatura mínima media (°C) 5,0 5,8 6,6 7,7 9,9 12,6 14,6 14,6 13,6 10,8 7,9 6,2
9,6
Temperatura mínima absoluta (°C) -4,0 -5,0 -3,0 -0,2 2,0 4,6 7,6 7,2 5,0 2,0 -0,8 -3,4
-5,0
Precipitacións (mm) 255 219 145 148 141 73 43 40 113 215 228 298
1909
Horas de sol 113 116 176 184 217 269 296 281 205 154 109 90
2212
Humidade relativa media (%) 85 81 76 75 77 74 74 74 78 82 86 86
79
Fonte: AEMET

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica de Vigo dende 1900.
Datos demográficos de Vigo
(1842-2010)
Ano Poboación Fogares
1842 6742 1770
1897 11 412 3528
1910 17 222 8659
1930 65 012 12 910
1940 85 272 14 376
1950 137 873 34 164
1970 197 144 49 122
1981 258 724 69 474
1991 278 050 80 099
2001 287 282* 93 425
2011 297 241*
2018 293 642|
Fonte: INE (*=IGE).[9]
Censo total 2018 293 642 habitantes
Menores de 15 anos 40 967 (13.95 %)
Entre 15 e 64 anos 188 044 (64.04 %)
Maiores de 65 anos 64 631 (22.01 %)

Segundo os datos do censo, no ano 1910 había ao redor de 17 300 habitantes, fronte aos 296 479 do ano 2013.[10]

A cidade de Vigo foi durante as últimas décadas unha das cidades europeas con maior crecemento da poboación.[Cómpre referencia] Con respecto a principios do século XX a súa poboación multiplicouse por 13, e con respecto a mediados dese século, duplicouse. Este incremento tan grande non se pode achacar só ao crecemento vexetativo, hai dous factores que contribuíron decisivamente:

  • A migración interior, sobre todo desde outras zonas de Galicia, atraída pola oferta de man de obra, sobre todo na industria viguesa.
  • Os cambios nas divisións administrativas: o actual concello de Vigo é froito da fusión ou absorción dos concellos históricos de Bouzas, anexionado en 1904, e Lavadores, anexionado en 1941. Esa circunstancia histórica reflíctese aínda hoxe na fala popular, onde é común escoitar "vou a Vigo", para referirse a "vou ao centro".

A maior parte da poboación concéntrase na cidade, aínda que as parroquias periféricas posúen tamén un importante continxente da poboación e unha alta densidade (a máis alta de España se se exclúen as zonas urbanas)[Cómpre referencia]. De feito no 2008, segundo o Instituto Nacional de Estadística, á parte da cidade de Vigo, existían no municipio 15 núcleos de poboación que superan os 1000 habitantes: Babío (1275), Saa (1223), A Penís (1149), A Fonte Escura (1238), Pereiró (4150), A Ponte (2267), Freixeiro (2573), Mantelas (1563), Salgueira (1248), A Bagunda (2686), A Bouciña (1657), Barreiro (1686), A Ceboleira (2868), Pardavila (4388) e A Garrida (1242).

Área metropolitana

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Área Metropolitana de Vigo.

A área metropolitana de Vigo esténdese por todo o sur da provincia de Pontevedra, limitando ao sueste coas comarcas do Condado e da Paradanta, ao sur coa do Baixo Miño, ao norte coa ría de Vigo, a comarca do Morrazo e a comarca de Pontevedra e ao oeste co océano Atlántico.

Segundo o INE, tiña unha poboación de 478.427 habitantes no ano 2015, dos que 294.098 habitantes vivían no concello.[11]

Actualmente a área metropolitana de Vigo está formada polos seguintes concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e mais Vigo.[Cómpre referencia]

Inmigración

[editar | editar a fonte]

Segundo un estudo rematado no final de 2012 polo Instituto Galego de Estatística; indica que a maior parte da poboación viguesa naceu no propio concello (58,9 % e 175 142 habitantes), habendo unha porcentaxe considerábel de residentes nados noutras localidades de Galicia (24,2 % da poboación do concello). Mentres que un 16,9 % da poboación viguesa naceu en diferentes comunidades da xeografía española de fóra de Galicia.[12]

Amais en Vigo existe unha importante porcentaxe de estranxeiros residentes na cidade; segundo un estudo publicado en xaneiro de 2014 polo Concello de Vigo, na cidade habitaban un total de 19 354 estranxeiros censados (800 menos có ano anterior); da poboación estranxeira residente en Vigo, a maior parte eran orixinarios de diversos países de Europa (7235 habitantes, principalmente cidadáns doutros países da Unión Europea, sobresaíndo principalmente as colonias de cidadáns portugueses con 3 063 habitantes e a romanesa con 1.551 habitantes, e logo as colonias de Italia con 827 habitantes, Francia con 403 habitantes, Reino Unido con 208 habitantes, Alemaña con 212 habitantes e Polonia con 145 habitantes).[Cómpre referencia]

Por unha marxe moi estreita sitúanse xustamente por detrás os cidadáns orixinarios de América (cun total de 7.088 habitantes, principalmente de América do Sur e en especial do Brasil con 1.518 habitantes, Colombia con 887 habitantes, Uruguai con 685 habitantes, Arxentina con 597, Perú con 551 habitantes e Venezuela con 423 habitantes).

Moi por detrás atópanse os cidadáns africanos (1589 habitantes, salientando principalmente os núcleos de poboación de cidadáns senegaleses con 597 habitantes e os marroquís con 374 habitantes), os asiáticos (734 habitantes, case todos chineses con 489 habitantes) e finalmente cidadáns procedentes de Oceanía, que apenas chegan aos 8 habitantes, orixinarios todos eles de Australia.

É precisamente o aumento da poboación estranxeira censada na cidade nesta última década o que fixo aumentar o censo de habitantes no padrón municipal de Vigo. O devandito fenómeno afecta do mesmo xeito á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.

Cabe sinalar que froito deste fenómeno o barrio vigués do Calvario converteuse no barrio con maior presenza de inmigrantes de toda Galicia.[13]

Artigo principal: Historia de Vigo.
Véxase tamén: Reconquista de Vigo.
Reprodución de vivendas castrexas no Museo do Castro.

Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos, como testemuñan a gran cantidade de dolmens e mámoas, a pesar de que os restos atopados non abranguen épocas anteriores á Idade da Pedra, período do cal se atoparon media centena de útiles tallados en cuarzo e cuarcita. A cultura castrexa desenvolta en Galicia deixou na cidade olívica importantes pegadas, que levan a pensar que a cidade tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.

En Vigo o proceso de romanización foi moi temperán e intenso, aínda que durou preto de seiscentos anos. Recentes intervencións arqueolóxicas falan dun importante asentamento, o Vicus romano.

A información de cidade con respecto á Idade Media é moi escasa. Os ataques xermanos e piratas provocaron unha emigración de gran parte da poboación cara a zonas máis seguras no interior. Coa dominación da sociedade galega por parte da xerarquía eclesiástica nesta época, Vigo dependeu durante moito tempo do mosteiro de Melón. Foi xa avanzada a Idade Media que Martín Codax compuxo as súas cantigas de amigo.

Do século XV ao XVIII Vigo foi medrando paseniño, a pesar dos constantes ataques piratas. Acadou durante a Idade Moderna importancia na actividade artesanal e mailo comercio pesqueiro. Os armadores vigueses, encargados da defensa da ría, rexeitaron en 1589 o ataque dunha armada inglesa ao mando de Francis Drake. Tamén foi histórica a batalla de Rande.

Vigo en 1877. No final do s. XIX a vila tiña uns 15.000 habitantes.

A comezos do século XIX Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de Napoleón. Un levantamento popular encabezado polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” expulsou o exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. No final do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.

Evolución histórica das divisións municipais do territorio de Vigo.

O século XX caracterizouse pola engalaxe económica. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban para as Américas. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da guerra civil española (19361939). Entre as vítimas pódese citar o alcalde Emilio Martínez Garrido, fusilado o 26 de agosto de 1936.

Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordenado, motivado polo desenvolvemento industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia. A pesar da crise do petróleo, que azoutou a cidade entre 1975 e 1985, desde finais da década de 1980 obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata o presente.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Vigo é un topónimo latino frecuente para aqueles pequenos poboamentos semiurbanos ou rurais sen fortificar, ou "aldeas".[14][15][16] Neste caso xorde do "Vicus" altomedieval, entre os séculos IX e X.[17][18][15] No actual sur galego as "villae" xorden ligadas aos castros; mentres que no norte galego, no centro lucense e no asturiano, as "uillae" estiveron ligadas aos asentamentos romanos.[19]

A orixe do Vigo actual atópase no asentamento da vila, empedrada e estruturada, que nace aos pés do Castro tralo declive nos séculos VI-VII da cidade romana que alí se atopaba,[17][20][21] e que seguramente se denominaba Burbida.[17][22]

Téñense barallado as orixes do topónimo en Vicus Spacorum e Vicus Helleni pero ningunha ten fundamentos históricos.[17][20][22][18] Postulouse que Spacorum (xenitivo plural de Spacori) era a tribo das terras próximas.[Cómpre referencia] A identificación da cidade con eses dous Vicus non se sustenta co que se coñece do percorrido da Vía XIX, e na cal se fundamentaban. Suporía unha desviación irrealista no percorrido da vía que conectou Compostela ou Iria Flavia con Tui[23][17], inda que si que encaixa coa Burbida desa vía[17]. Burbida sería un importante porto comercial e con industrias de salga que se asentaba nas inmediacións da actual colexiata[Cómpre referencia].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Vigo é unha cidade interesante para o turismo, cun fermoso porto e zona antiga, museos variados (de arqueoloxía, arte antiga e contemporánea etc), zonas comerciais, unha gran dotación de hoteis e rodeada de localidades e paraxes de grande atractivo turístico e paisaxístico.

Celebración da Reconquista, praza da Constitución.
Porta do Sol co Sereo en primeiro plano.
Praza de Compostela, A Alameda.

O centro urbano

[editar | editar a fonte]
  • A zona antiga. É a zona orixinaria de Vigo. Nela, entre outros edificios emblemáticos, atópanse o Castelo de San Sebastián (século XVII), dende o cal apréciase unha boa panorámica da Ría, as prazas da Constitución, Princesa, A Pedra e a rúa Real. Atópase tamén neoclásica concatedral de Santa María de Vigo, a Casa de Ceta e Pazos de Figueroa (coñecida tamén como Arines) un dos edificios conservados máis antigos desta zona, datado do século XVI e sede da Fundación portuguesa Camões e os soportais do barrio de pescadores por antonomasia, O Berbés. Recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural como Conxunto histórico pola Xunta de Galicia. Malia o seu valor cultural, a Zona Antiga de Vigo atópase parcialmente deteriorada na maior parte da súa extensión. Actualmente está sendo obxecto dunha recuperación integral a través do programa Urban, cofinanciado pola Unión Europea.
  • A concatedral de Santa María de Vigo, antiga colexiata. Iniciada en 1816 e rematada de construír en 1836, en substitución do templo gótico anterior. Un tímpano daquela igrexa medieval consérvase nas ruínas do convento de San Domingos de Pontevedra, dependentes do Museo Provincial. De estilo neoclásico, construída conforme o proxecto do arquitecto Melchor de Prado Mariño, datado en 1811. Alberga no seu interior o soado Cristo da Vitoria que, segundo a tradición, favoreceu aos vigueses nas guerras napoleónicas. Cada primeiro domingo de agosto sae en procesión dentro da maior manifestación relixiosa da cidade.
  • A praza da Constitución. Praza porticada á entrada da zona antiga, considerada como a Praza Maior de Vigo. Moi familiar, con moitas terrazas e cafés. Nela atópase o antigo concello de Vigo, construído en 1859 por José María Ortiz y Sánchez.
  • A Porta do Sol, lugar onde se atopa o monumento coñecido popularmente como O Sereo, do que é autor o escultor Francisco Leiro. É o centro neurálxico da cidade.
  • Rúas Príncipe, Urzáiz e Gran Vía. Son as rúas comerciais e de lecer por excelencia. Son rúas axardinadas e con amplas beirarrúas, onde se poden atopar bos establecementos de moda e lecer.
  • A Alameda. Atópase na praza de Compostela, anexa á zona antiga da cidade e ao porto. Creada no final do século XIX nunha zona gañada ao mar, constitúe o primeiro parque urbano creado en Vigo.[24] A maioría das súas árbores son centenarias, destacando as magnolias e as camelias, xunta outras especies exóticas. O parque, de forma rectangular, caracterízase pola súa gran fonte no seu centro, conta tamén con diversas esculturas de motivos animais (José Luís Medina) e antropomórficas (Camilo Nogueira Martínez). Destaca a escultura de bronce de Méndez Núñez, obra de Agustín Querol.
  • Montero Ríos-Areal. Zona de paseo próxima ao porto deportivo. Na súa fronte marítima está o peirao de atracada de cruceiros, e dos transportes en barco ás Illas Cíes (declaradas parque natural en 1980, e incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado no ano 2002)[25] e aos concellos de Cangas e Moaña, ademais das instalacións do Real Club Náutico de Vigo e un centro comercial de lecer, construído en 2007.
Edificio Simeón.

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]
Edificios modernistas
[editar | editar a fonte]

Vigo ten un elevado número de edificios modernistas, sendo importante tamén o número de edificacións doutros estilos como o eclecticismo (Casa de Fernando Carreras) e o racionalismo, que lle dan a singular aparencia a varias zonas do centro urbano. Así, salferindo o trazado urbanístico de Vigo atópanse edificios monumentais, pequenas alfaias de autores como Antonio Palacios Ramilo (Teatro García Barbón, Jenaro de la Fuente Domínguez (arquitecto do Hotel Universal e a Casa Bonín), Manuel Gómez Román (antigo Edificio Simeón na Porta do Sol, Edificio Mülder),[26] Michel Pacewicz (os números 13,15,17 da rúa Urzaiz e os nº 15,17,19 da avenida García Barbón) e José Franco Montes (autor da casa de Joaquín Perez Boullosa na praza de Compostela número 24 e a casa dos irmáns Suárez en Montero Ríos número 2).

Edificios románicos
[editar | editar a fonte]
Igrexa de Santa María de Castrelos.
Centro Social Afundación Vigo.
Museo do mar de Galicia.
Museo MARCO.
Casa das Artes.
Museo Municipal Quiñones de León.
Centro Cultural Afundación Vigo no Teatro García Barbón de Vigo.

É tal a importancia do románico que se conserva no municipio de Vigo que moitos autores españois chegaron a acuñar o termo de románico vigués.[Cómpre referencia] Consérvanse tres importantes exemplos de igrexas románicas do sur de Galicia:

  • Igrexa de Santa María de Castrelos, a tan só 100 metros do núcleo urbano; do século XII, está formada por unha única nave de ábsida semicircular e unha planta de 20 por 7 metros. No seu muro interior norte poden verse unhas interesantes pinturas murais, restauradas a metade dos anos 90 do século pasado, datables nos séculos XV-XVI, posiblemente. Representan un Cristo en Maxestade, unha misa de san Gregorio e unha epifanía.
  • Igrexa de San Salvador de Coruxo, tamén do XII. Destaca a súa monumental ábsida e os motivos dos seus canzorros. Trátase da igrexa monasterial do antigo priorado que existiu alí ata ben entrada a idade moderna.
  • Igrexa de Santiago de Bembrive, do século XII e tamén cunha ábsida de importancia.

Museos e Centros culturais

[editar | editar a fonte]

O Centro Social Afundación Vigo é un edificio multiúsos adicado a diferentes tipos de exposicións. Entre as súas exposicións destaca a antiga Colección Caixanova. A Colección Caixanova está formada por máis de 4.000 obras, das cales se expoñen 120 que van dende o século XIX até os nosos días. Xunto coa Colección Caixanova destaca a Exposición Naturnova, centro interactivo de educación ambiental formado por 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, O Home e O Medio. Ademais, o centro conta cun auditorio, salón de recepcións, instituto de desenvolvemento, centro de iniciativas sociais, área de novas tecnoloxías e tres zonas de exposicións temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. O Centro ocupa a Casa Bárcena, edificio de estilo ecléctico deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez no final do século XIX. O inmoble constitúe unha das súas mellores obras na cidade.

O Museo do Mar de Galicia está emprazado na beira da ría, en Punta de Muíño (parroquia de Alcabre).

O seu contido museístico versa sobre o mar e a súa relación con Galicia e as xentes que dependen del. O edificio en que está aloxado foi deseñado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, aínda que o primeiro faleceu antes de comezar as obras.

O Verbum – Casa das palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Escolleuse o nome de Verbum, vocábulo latino que significa "palabra", porque a palabra é a orixe do proxecto e o latín é a orixe das linguas faladas en Galicia. A construción atópase situada en primeira liña fronte ao mar, no contorno da praia de Samil; zona de lecer cun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, dotacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo está situado nun edificio que constituíu na súa orixe un cárcere. Anos despois sería rehabilitado de forma que o 13 de novembro de 2002 volvería abrir as súas portas como museo. Consta de dúas plantas e un espazo anexo. Acolle exposicións artísticas en diversos soportes tales como fotografía, escultura ou pintura. Ademais destas mostras tamén presenta diversas actividades didácticas.

A Casa das Artes, situada na rúa Policarpo Sanz, é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén constitúe a sede da Fundación Laxeiro e da colección Luis Torras.

A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concilia a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ó estudo da realidade histórica e actual de Galicia. O centro dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, amais de dependencias de uso interno. Entre os elementos máis salientables da Casa Galega da Cultura cómpre referirse á Biblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.

Centro Arqueolóxico de Salinae, son unhas salinas romanas, achadas, a principios do século XXI, con motivo da construción dun centro de saúde na rúa Rosalía de Castro. Resalta deste sitio arqueolóxico o seu tamaño e a súa vinculación con outros achados da zona contemporáneos no tempo. A Consellería de Cultura desenvolveu un plan de musealización do asentamento que, dependente do Museo do Mar, foi aberto ao público no ano 2009.[27]

O Museo Municipal Quiñones de León está situado no antigo Pazo de Lavandeira, que fora doado polo Marqués de Alcedo en 1925, está dividido en tres áreas; na planta baixa está decorada simulando o aspecto do pazo cando estaba habitado, outra área está dedicada a arte galega contemporánea e, finalmente, está a área de prehistoria e arqueoloxía de Vigo e a súa bisbarra.

O Teatro García Barbón está en pleno corazón de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios a comezos do século XX, e restaurado pola Caixa de Vigo en 1984. Con preto de 30 anos de experiencia na organización de actividades culturais (música, teatro, danza, cine, conferencias, exposicións etc.) e todo tipo de iniciativas relacionadas con convencións, congresos ou reunións de traballo, polo Teatro pasan anualmente unha media de 300.000 persoas.

O Museo Etnográfico Liste naceu a partir da Fundación Liste. O seu principal obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O museo conta con nove salas de exposicións con máis de 2.000 pezas á disposición do público. A sede do museo atópase na rúa Pastora 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.

A Vila romana de Toralla é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha villa (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. Na praia do Vao.

No Castro de Vigo hai un poboado castrexo museizado coa réplica de tres vivendas da época. No Monte do Castro.

O Centro de Arte Fotográfica (CAFVI), na rúa Eduardo Chao, abriu as portas en maio de 2015, expoñendo unha selección do Arquivo Pacheco.[28]

Universidade

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Universidade de Vigo.

Vigo conta co renovado, moderno e extenso Campus Universitario das Lagoas-Marcosende (CUVI) na parroquia de Zamáns, que aglutina as escolas de Enxeñaría Superior de Telecomunicacións e Industriais, de gran tradición na cidade, e a escola de Económicas e Empresariais. Así mesmo é unha das poucas universidades que ofrece a titulación de Ciencias do Mar.[29] No Campus tamén existen centros de investigación á disposición da universidade e empresas tecnolóxicas do sector.

As Escolas de Enxeñaría Técnica Industrial e de Administración de Empresas están situadas no centro da cidade.

Actividade editorial

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Actividade editorial en Vigo.
Local onde se atopaba a Imprenta de Compañel na rúa Real.

Desde o século XIX a cidade olívica foise conformando como o maior centro editorial de Galicia. As orixes da imprenta en Vigo están ligadas co crecemento da cidade, a defensa dos intereses locais e o espallamento de ideas progresistas. O 3 de novembro de 1853 o impresor Ángel de Lema y Marina publica o primeiro número de Faro de Vigo, co apoio de dous persoeiros combativos, José Carvajal e o poeta José María Posada, que afrontaron os conflitos daquel momento (o problema do lazareto da Illa de San Simón, que causou disputas coa Coruña, a emigración, a loita polo ferrocarril e a miseria do mundo agrario). En 1856 créase a Imprenta Compañel na rúa Real, rexida polo impresor Juan Compañel co apoio de Alexandre Chao e o erudito Manuel Murguía. Tratábase dunha editorial rexionalista na liña do espírito do Bienio Progresista. A editorial publicou diversos libros de ciencia, literatura, educación, pensamento e folletíns como suplemento do xornal, pero o seu título máis salientable é Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, con pé de imprenta do 17 de maio de 1863.

Pouco e pouco vai medrando a actividade editorial na cidade, pero o pulo definitivo chega logo da guerra civil, sobre todo no ámbito das editoriais galeguistas, aínda que aparecen algunhas iniciativas de edición en español que teñen interese.

En 1948 Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso crean o anticuario Monterrey, na rúa Pi i Margall e dous anos despois fundan Edicións Monterrey. Empezaron publicando libros de bibliofilia, entre eles o polémico Cancioneiro de Monfero, que non era a edición dun códice medieval senón poemas de estilo medieval escritos por X. M. Álvarez Blázquez. En 1951 fúndase Editorial Galaxia. O seu obxectivo era crear un espazo para a potenciación e modernización do galeguismo. Aínda que se trata dunha editorial xeneralista de carácter nacionalista, desde os seus comezos fixou a súa liña editorial, que se centraba na publicación de literatura galega, ensaio e a revista Grial.

En 1964 os irmáns Álvarez Blázquez abren un novo proxecto editorial, Edicións Castrelos, con dúas liñas editoriais fundamentais: clásicos galegos, na colección Follas Novas, e a primeira colección de cultura popular galega, Os Libros do Moucho, que publicaba libros escritos polos propios editores, especialmente Xosé María, de etnografía, obras literarias clásicas breves, curiosidades lingüísticas…

En 1960 fúndase SEPT, vinculada á fundación do mesmo nome, unha editorial especializada no libro cristián en galego. Hai que salientar a publicación da primeira edición da Biblia en galego.

En 1977 recupérase en Vigo A Nosa Terra, que nos seus comezos publica só o semanario do mesmo nome, pero logo se converte en editorial xeneralista de marcada liña nacionalista e independentista.

A chegada das autonomías contribúe a potenciar a edición en lingua galega, e con ela, a aparición de novas editoriais, que elixen Vigo como sede. En 1979 Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, responsable de Editorial Anaya, crean Edicións Xerais de Galicia, especializada nos seus comezos en literatura galega e libro de texto.

Asociacións culturais

[editar | editar a fonte]

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Ademais dos atractivos propios dunha cidade, Vigo tamén é un concello cunha ampla oferta de praia e natureza, destacando ante todo as Illas Cíes, pero tamén as praias de Samil, Canido e do Vao, os seus parques urbanos e tamén os parques forestais situados nos outeiros que circundan a cidade. Ademais conta con varias importantes rutas de sendeirismo homologadas que percorren os montes e outras paraxes do municipio vigués. Na cidade atopamos varias árbores senlleiras, como a oliveira do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade, así como varios exemplares de camelias, faias, tulipeiros etc, no Parque de Castrelos.

Praia de Samil coa Illa de Toralla ao fondo.
  • A praia de Samil é unha das maiores praias de Vigo e a máis frecuentada por turistas e visitantes. Dispón de amplas zonas de paseo, zonas axardinadas e deportivas, piscinas e outros servizos. Ao final da avenida de Europa atópase a escultura O rapto de Europa de Oliveira.
  • A praia de Canido, situada entre a praia do Vao e Cabo Estai, dispón de zonas de paseo e zonas axardinadas, así como un porto marítimo. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona. Posúe tamén restaurantes para a degustación de mariscos e peixe.
  • A praia do Vao, de gran calidade ambiental. No seu extremo occidental atópase a Vila romana de Toralla, unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha villa (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. Ao outro lado da ponte de Toralla está a polémica Illa de Toralla.

Estas dúas últimas praias, xunto coas da Punta, O Tombo do Gato, Argazada e Fontaíña foron as praias viguesas distinguidas co galardón da bandeira azul no ano 2007.

Illas Cíes dende a Costa da Vela, Cangas.
Entrada ao Monte do Castro.
  • As Illas Cíes, arquipélago que forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas. Dispón de praias e cámping, e é visitable en tempada estival con barcos que parten diariamente desde Vigo e Baiona. No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo como "praia máis fermosa do mundo".[30]
  • O Parque de Castrelos. Sito no barrio do mesmo nome, é o maior parque urbano de Vigo. Está dotado dun grande auditorio ao aire libre e zonas de paseo con estanques e variedade de especies forestais. Nel atópase o Pazo de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo e transformado en Museo dende que en 1925 fose doado polo último descendente da familia Quiñones de León, antiga propietaria.
  • O Monte do Castro (149 m) era antigamente o Monte Feroso.[31][32] É un parque situado no centro da cidade. Ocupa o espazo dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre os séculos VI antes de Cristo ao II despois de Cristo. O mundo castrexo coincide coa chamada idade de ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificacións do século XVII que formaban parte –xunto co próximo castelo de San Sebastián e as murallas que rodeaban a cidade antiga– da estrutura defensiva de Vigo.
  • O Monte da Guía atópase no barrio de Teis. Miradoiro privilexiado sobre a ría de Vigo. Este monte foi tamén un castro, un dos 27 poboados fortificados da idade de ferro que están catalogados no concello. O seu nome débese con toda probabilidade a unha paronimia do orixinal "Monte da Aguia" pola forma castelá "Monte de la Guía" (Monte da Guía).
  • Parque Natural das Ciencias – Vigozoo. O único zoo de Galicia non é un mero recinto de exhibición, senón que constitúe un parque de ciencias naturais especializado na fauna autóctona europea e na conservación das súas especies. Así, o Parque Natural das Ciencias – Vigozoo ten como un dos seus obxectivos o traballo xenético para a recuperación de especies en vías de extinción. Ademais, o parque desenvolve traballos sobre a valoración da tensión de animais engaiolados, de anatomía comparada de grandes mamíferos, dos anfibios e réptiles, de parasitoloxía, do desenvolvemento de larvas da adaptación reprodutiva dos animais etc., adaptando a medio ás necesidades de cada exemplar.
  • Os amplos parques forestais situados nos arredores de Vigo: O Monte Alba (trátase do punto de maior altitude), o próximo Monte Cepudo, o Monte dos Pozos, o Monte de Beade, Vixiador, Madroa, Saiáns e Zamáns.
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]
Fauna
Aves acuáticas na marisma do río Lagares.

Ademais das especies de fauna silvestre propia das cidades da Europa Atlántica, na cidade abundan especialmente as gaivotas e pombas. Nos parques tamén aniñan merlos e estorniños, así coma diferentes especies de parrulos no río Lagares. A presenza máis ou menos estable de máis dun cento de especies de aves silvestres, que adoptaron o medio urbano como residencia ou como lugar de paso habitual de aves como o folosa acuática (Acrocephalus paludicola) ou os estorniños (Sturnus vulgaris) constitúe un indicador de calidade ambiental.

Na cidade e os seus arrabaldes téñense detectados tres grandes grupos de aves. En primeiro lugar, especies acuáticas como garzas, garzotas, corvos mariños cristados, gaivotas ou algún exemplar de picapeixe. Tamén se localizaron rapaces, coma o falcón peregrino. E en terceiro lugar, especies paseriformes, pombas, pegas, pardais, merlas ou estorniños. Nos montes que arrodean a cidade hai a típica fauna do bosque litoral galego, é habitual atopar neles especies coma o lagarto arnal, o coello e incluso a raposa.

Tamén se poden ver arroaces e caldeiróns que ás veces se achegan á beiramar.

Flora

O bosque natural propio do concello estaba composto por fragas atlánticas, carballeiras, bosques de ribeira atlánticos, vexetación dunar e de litoral nas praias e uceiras nos outeiros máis altos. Coa degradación do mesmo ao longo dos séculos, este quedou reducido a pequenas tacas nos vales, sendo subtituído nas últimas décadas por piñeirais de piñeiro bravo e máis recentemente formacións de eucalipto e acacia. Con todo nos últimos anos hai unha tendencia para recuperar os bosque caducifolio orixinal por parte de varias comunidades de montes que comezaron a repoboar con bidueiros, castiñeiros, carballos, cerdeiras e outras especies autóctonas. Cómpre tamén salientar a flora do arquipélago das Illas Cíes, que contan co seu propio ecosistema, de gran riqueza ambiental, tanto terrestre coma mariña onde conviven unha gran cantidade de especies vexetais e animais. As illas considéranse ZEPA (zona de especial protección para as aves) pola Comunidade europea. Ademais no arquipélago moran especies de aves non mariñas, outras clases de vertebrados, especialmente de réptiles, e unha vexetación marítima moi rica.

No caso da zona urbana da cidade, esta conta con aproximadamente 10 930 árbores ornamentais en prazas, avenidas e rúas (un número moi significativo xa que nesa cifra non se inclúen as especies das zonas verdes nin dos parques forestais). Nas rúas e prazas do centro da cidade salientan:[33]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Gastronomía

[editar | editar a fonte]
A rúa das Ostras é un lugar típico para a degustación das ostras.

A gastronomía viguesa, ao igual cá galega, caracterízase pola calidade dos seus produtos e a elaboración dos seus pratos. En Vigo pódese atopar o mellor da gastronomía do país: mariscos, peixes, carnes, vexetais, empanadas, queixos e viños.

Na cidade de Vigo pódese atopar todo tipo de establecementos. No Berbés –barrio mariñeiro da cidade– existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto do Berbés, e tamén na zona antiga da cidade, atópanse a famosa "rúa das ostras" (R/Pescadería) e a "rúa do polbo" (R/Laxe), nas que se poden apreciar produtos típicos da gastronomía viguesa tales como as ostras e o polbo. Ademais dos restaurantes tradicionais, na cidade olívica existen restaurantes para tódolos gustos e petos, existindo diversos tipos de restaurantes de comida rápida e internacional.

O auxe da inmigración da última década, contribuíu á introdución das gastronomías representativas dos distintos grupos culturais que foron asentando na cidade. Así existen diversos establecementos de comida chinesa, italiana, paquistaní, arxentina, xaponesa, entre outros.

O mar é o gran provedor da gastronomía viguesa. Algúns destes son cultivados, como os berberechos, as ameixas ou os mexillóns (estes últimos cultivados en grandes plataformas chamadas “bateas”; vexa miticultura); e outros apáñanse directamente do mar, como é o caso das nécoras, centolas, bois ou vieiras.

A abundancia de mariscos na ría viguesa cómpre contextualizala dentro das características que comparte coas demais Rías Baixas galegas. A situación xeográfica destas xera, en presenza de ventos do nordés, un fenómeno coñecido co nome de afloramento (upwelling en inglés), que posibilita unha extraordinaria abundancia de fitoplancto e, por conseguinte, crea unhas condicións idóneas para o desenvolvemento dos mariscos.[34]

Símbolos

[editar | editar a fonte]
Escudo da cidade.
Artigo principal: Escudo de Vigo.

A versión actual do escudo é unha copia do que adornaba a fonte de Neptuno que estivo situada noutrora na Porta do Sol. En 1917, Marcelino Domínguez Elías, cronista da cidade, expuxo no Boletín da Real Academia Galega a conveniencia de establecer como modelo oficial do escudo, a versión que continúa a estar vixente. O escudo representa un castelo de base cadrada rematado nunha torre. Ao seu carón a antiga oliveira que se atopaba no atrio da colexiata de Santa María de Vigo, todo nunha illa sobre un mar de seis franxas ondeantes representando o carácter marítimo da cidade.

Artigo principal: Bandeira de Vigo.

A bandeira de Vigo, cuxa orixe pode datar do século XIX, está formada por un diábolo vermello e o resto da bandeira é de cor branca levando no medio o escudo da cidade. A bandeira pódese ver en todos os edificios dependentes da administración municipal da cidade.

Oliveira de Vigo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Oliveira de Vigo.
Oliveira do Paseo de Afonso XII.

Vigo antigamente era coñecida como a cidade da oliva, e actualmente cidade olívica. Este cognome débese a que no atrio da colexiata de Santa María de Vigo existía na antigüidade unha grande oliveira, a cal plantouse polos cabaleiros monxes templarios na época na que se encargaban de rexer a freguesía.

A árbore desapareceu desa localización ao construírse a actual igrexa. Ao ser derrubada o administrador da alfándega de Vigo da época, Manuel Ángel Pereira, recolleu unha das súas pólas e plantouna no horto da casa de seu, a cal estaba situada na actual Porta do Sol. A árbore medrou até que o desenvolvemento da cidade obrigou a trasladala ao Paseo de Afonso XII, lugar onde se atopa actualmente.

Nesta nova localización, para protexer a árbore instalouse un enreixado de ferro; onde en agosto do ano 1932 colocouse unha placa de bronce aboando a promesa que denantes el, fixeron os vigueses de amor, lealdade e abnegación pola cidade.[1]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

Foi alcaldesa de Vigo, dende 2003 até 2007, Corina Porro, do Partido Popular (10 edís), que gobernou en minoría. Outros partidos con representación municipal nesa lexislatura foron o Partido dos Socialistas de Galicia (8 edís), Bloque Nacionalista Galego (7 edís) e Partido Galeguista (2 edís).

Tralos comicios de maio de 2007, a lista de Corina Porro foi a máis votada pero sen acadar a maioría absoluta, de xeito que o pacto entre o BNG, con Santi Domínguez á cabeza, e o PSOE permitiu ao socialista Abel Caballero pasar a ocupar a alcaldía, cargo que segue a ostentar tralas eleccións de maio de 2011, nos que de novo foi alcalde grazas ao apoio do BNG aínda que nesta ocasión sen formar parte do goberno.

Axencia Comunitaria de Pesca.

Conforme a división comarcal prevista pola Xunta de Galicia, a comarca de Vigo estará integrada polos seguintes concellos: Vigo, Redondela, O Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas e Soutomaior.

As competencias, órganos de goberno e financiamento da comarca de Vigo están pendentes de desenvolvemento lexislativo por parte da Xunta de Galicia.[Cómpre referencia]

Na cidade está a sede da Axencia Comunitaria de Control da Pesca da Unión Europea e a única oficina da Deputación de Pontevedra fóra da capital. Hai tamén unha sede da Xunta de Galicia.

Abel Caballero en 2015.
Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Manoel Soto PSOE
1983-1987 Manoel Soto PSOE
1987-1991 Manoel Soto PSOE
1991-1995 Carlos Príncipe PSOE
1995-1999 Manuel Pérez Álvarez PP
1999-2003 Lois Pérez Castrillo BNG
2003-2007 Ventura Pérez Mariño (2003)
Corina Porro (2003-2007)
PSOE
PP
2007-2011 Abel Caballero PSOE
2011-2015 Abel Caballero PSOE
2015-2019 Abel Caballero PSOE
2019-2023 Abel Caballero PSOE
2023- Abel Caballero PSOE
Eleccións municipais do 27/5/2007[36]
Partido Votos % Concelleiros
PP 66.574 44,04% 13
PSOE 44.563 29,48% 9
BNG 28.116 18,60% 5

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do 22/5/2011[37]
Partido Votos % Concelleiros
PP 61.616 42,39% 13
PSOE 50.045 34,43% 11
BNG 16.374 11,26% 3

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do 24/5/2015
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 73.074 51,8% 17
PP 28.874 20,47% 7
Marea de Vigo 16.227 11,5% 3

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Eleccións municipais do 26/5/2019
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 101.058 67,64% 20
PP 20.460 13,69% 4
Marea de Vigo 10.384 6,95% 2
BNG 8.461 5,66% 1

  Alcalde electo: Abel Caballero (PSdeG).

Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

[editar | editar a fonte]

Seguindo o programa electoral de Abel Caballero, aprobouse no final do ano 2007 cos votos de PSOE e BNG o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo de forma provisional, incluíndo as correccións do mesmo solicitadas pola Xunta de Galicia (ese mesmo ano) e o cambio que consistía en planificar máis dun 40% de vivenda con algún tipo de protección no conxunto das ordenacións urbanísticas.[Cómpre referencia]

Economía

[editar | editar a fonte]

Sectores primario e secundario

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Vigo.
Terminal de Bouzas, no Porto de Vigo.

A comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa, ao producir en 2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra de España.[38]

Asemade, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súas lonxas de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora. Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo (650.000 toneladas no ano 2004), e os estaleiros da ría son líderes da construción naval privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación e comercialización de granito e outras pedras ornamentais no Porriño.

Zona Franca

[editar | editar a fonte]
Automóbiles na Zona Franca do porto de Vigo.

A Zona Franca de Vigo é unha das tres que existen en España, xunta as de Barcelona e Cádiz, e ten como obxectivo principal incentivar o estabelecemento de empresas con vocación exportadora, mediante a aplicación de exencións tributarias e alfandegueiras.

Creouse mediante Decreto-Lei do 20 de xuño de 1947, coa intención de aproveitar as favorábeis condicións estratéxicas da localización do porto vigués respecto do comercio marítimo internacional para impulsar o desenvolvemento industrial na rexión.

O seu órgano reitor é o Consorcio da Zona Franca, presidido nominalmente polo Alcalde do Concello de Vigo e integrado polo Delegado do Estado, que ostenta a vicepresidencia, catro vogais en representación do Estado, cinco en representación da corporación municipal, o Director de Obras do Porto, o Administrador de Aduanas, e dous vogais representantes da Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, ademais do seu Secretario Xeral, nomeado polo Estado, e un avogado do Estado.

Artigo principal: Porto de Vigo.
Queen Mary 2 no peirao deportivo da cidade.

O porto de Vigo é o porto pesqueiro máis importante de España.[39] Os peiraos de Vigo reciben cada ano a chegada de 2.000 buques. Grazas ás súas excelentes condicións naturais trátase dun lugar axeitado para as rutas procedentes de América con destino a Europa. É o primeiro porto europeo en volume de descarga de peixe, proba diso é a celebración en varias ocasións da World Fishing Exhibition («Feira Mundial da Pesca»).[40]

Os grandes cruceiros como o Queen Mary 2 ou o Independence of the Seas fan escala habitualmente no peirao de transatlánticos de Vigo. En total, o porto recibiu no 2009 220.000 turistas,[41] alcanzando o quinto posto peninsular en número de cruceiros, con 101 buques, e o 4º no relativo a pasaxeiros.

No ano 2004 a cidade de Vigo foi elixida como sede da Axencia Europea de Pesca, despois de desbloquearse os acordos sobre as axencias europeas, os cales levaban dous anos bloqueados.

Sector terciario

[editar | editar a fonte]
El Corte Inglés, Vigo.

Vigo conta con varios centros comerciais e cun centro El Corte Inglés (inaugurado en 1975 sendo o primeiro construído en Galicia e o primeiro que a empresa construía nunha cidade non capital de provincia), dous centros Alcampo, dous de Carrefour, un Decathlon e un Media Markt, así como múltiples comercios de roupa (moitas delas concentradas na rúa do Príncipe).

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]
O Halo de Vigo. Estrutura que conecta a rúa García Barbón coa estación multimodal de trens e autobuses mediante ascensores.

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]
  • Servizo de transporte público de autobuses urbanos a cargo da empresa Vitrasa (Viguesa de Transportes, S.A.) dende o ano 1968. Conta cun total de 35 liñas en funcionamento.
  • Servizo de transporte público de autobuses interurbanos con todos os concellos da bisbarra, ben dende a Estación de Autobuses, ben dende distintos puntos da cidade, prestados por distintas compañías: ATSA: Nigrán, Baiona, A Guarda; Autobuses González: Redondela, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén; Melytour: Gondomar, Tomiño; Monbús: Moaña, Cangas, Vilaboa, e outras que manteñen liñas regulares con Mos, O Porriño, Ponteareas, Mondariz etcétera.
  • Transporte marítimo. A Compañía Navieira Mar de Ons ofrece servizos regulares de transporte marítimo entre Vigo e a localidade de Cangas. A Navieira Nabia ofrece servizos regulares á localidade de Moaña. En temporada de verán, as empresas amplían o servizo ás Illas Cíes.
  • Servizo de taxis.
  • Transporte aéreo: Aeroporto de Vigo.
  • Estación de Vigo-Urzáiz.
  • Estación de Vigo-Guixar.
  • Estación de autobuses, dende a que saen regularmente liñas con toda Galicia, España, Portugal e numerosos países europeos.
Aeroporto
[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aeroporto de Vigo.
Aeroporto de Peinador.

O aeroporto de Peinador está situado na periferia da cidade, en terreos pertencentes aos concellos de Vigo, Redondela e Mos, estes dous últimos integrantes da actual área metropolitana de Vigo.

No ano 2018, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1 129 689 pasaxeiros, o que constitúe un crecemento do 6% fronte aos datos do 2017.[42]

Actualmente, varias aeroliñas operan dende o aeroporto de Vigo: Air Nostrum, Iberia, Air Europa, Binter Canarias, Iberia Express, Vueling e Ryanair.[43]

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]
A antiga Sede Social do Real Club Celta de Vigo, na rúa Conde de Gondomar, antes de se mudar a Rúa do Príncipe

As actividades deportivas comezaron a practicarse no seo dos centros de ensino e sociedades recreativas no final do século XIX. Entre as entidades deportivas máis antigas destacan o Real Club Náutico de Vigo, fundado en 1906, e o Liceo Marítimo de Bouzas, fundado en 1907. Nadadores, remeiros e regatistas do Náutico representaron a cidade nas máis importantes competicións internacionais, integrando as distintas seleccións españolas, coas que participaron en Xogos Olímpicos e mesmo acadaron títulos continentais e mundiais. En 1915 fúndase o Comesaña Sporting Club na parroquia do mesmo nome, a agrupación decana do atletismo galego, que deu atletas destacados nas décadas de 1920 e 1940.

A puxanza do mundo da vela local non pasou desapercibido á organización da regata Volta ao Mundo de Veleiros Volvo Ocean Race, que nunha aposta innovadora partiu dende Vigo o 12 de novembro de 2005. Por primeira vez unha cidade non británica era a encargada de dar saída a este evento deportivo de gran relevancia na vela mundial.

Estadio de Balaídos.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, creado en 1923 da fusión do Real Vigo Sporting e o Real Fortuna, equipos que até daquela rivalizaban na hexemonía do fútbol galego, alternándose na conquista dos títulos rexionais (o Vigo chegara a proclamarse subcampión de España en 1908). A actividade do Celta céntrase no fútbol, malia que mantén unha sección de atletismo que compite na máxima categoría española e que proporcionou tamén atletas olímpicos, como Carlos Pérez e Álvarez Salgado, ou máis recentemente os tamén fondistas Alexandre Gómez e Carlos Adán ou o decatleta David Gómez. Os principais éxitos futbolísticos célticos foron os tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a disputa de competicións continentais, nas que tivo a honra de ser o primeiro club galego en participar (ao debutar na primeira edición da Copa da UEFA) e en conquistar un torneo oficial (a Copa Intertoto de 2000). Actualmente compite na primeira división do fútbol español.

O Celta mantivo ata final dos anos 80 unha sección de baloncesto feminino que conquistara a supremacía na canastra española ao comezo daquela década, na que coleccionou títulos de liga e copa da Raíña. Trala desvinculación do Celta, o baloncesto feminino vigués mantívose na elite nacional (aínda que relegado da loita polos trofeos), ata que a principios do novo século, recuperada a denominación céltica, volveu a conquistar os campionatos de liga e copa.

Outro deporte moi arraigado na cidade é o balonmán. Ao histórico Vulcano sucedeulle no liderado do balonmán vigués o Academia Octavio, de dilatada traxectoria na máxima categoría nacional. A mediados da década de 1990, o Octavio acadou os seus maiores logros, cun subcampionato de Copa do Rei en 1995 que lle abriu as portas das competicións europeas, nas que se converteu en protagonista nas tres tempadas seguintes, quedándose por dúas veces ás portas da gran final.

O Club Vigo é o decano dos participantes na División de Honra española de voleibol, outro deporte de gran tradición na cidade, mentres Halcones de Vigo representa á cidade na Primeira División A, a segunda categoría do béisbol español.

A vocación deportiva da cidade exprésase coa proliferación de talentos nas máis variadas disciplinas e coa organización de torneos e probas de rango internacional. Alpinistas como Chus Lago, primeira muller española en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno suplementario, ou patinadoras como Tamara Valderrama acreditan esta afirmación. Entre os acontecementos deportivos máis importantes que acolleu a cidade destacan a Fase final da Copa do Mundo da FIFA en 1982 (fútbol), os Torneos Preolímpicos de balonmán masculino (1972) e baloncesto feminino (1992), probas da Copa do Mundo de Saltos hípicos, da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, a saída da regata volta ao mundo-Volvo Ocean Race en 2005 ou as escalas da espectacular Cutty Sark Tall Ship Race de grandes veleiros de época.

[editar | editar a fonte]
  • Anque queiran ir a Vigo/ eso non parece mal,/ que o que nunca foi a Vigo/ nunca viu puerto de mar [44].
  • Fuche a Vigo, fuche a Vigo,/ fuches e non viches nada:/ non viches beilla-lo sol/ nunha mazá colorada [45].
  • Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo?/ E ai Deus!, se verra cedo?
  • Para peixe fresco Vigo,/ para chocos, Redondela, / para camaróns Moaña,/ para marisco Cedeira.
  • Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa e a Coruña divírtese.[46]
  • Vexo Caldas, vexo Vigo,/ tamén vexo Pontevedra,/ vexo a ponte de Sampaio/ camiño da miña terra [47].
  • Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra [48].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Vigo.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Lugares de Vigo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lugares de Vigo.
  1. 1,0 1,1 Vigo, cidade olívica.
  2. "IGE. Táboas". www.ige.gal. Consultado o 29/02/2024. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2007. 
  4. Datos sacados de [1]; pola contra, [2] Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. dálle unha altura de 80 metros.
  5. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-08. 
  6. 6,0 6,1 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-08. 
  7. Temperaturas medias, horas de sol y precipitación acuosa (AEMET)|
  8. "Vigo y sus días de sol al año". Peregrino de las rías (en castelán). 2 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 02 de abril de 2019. 
  9. "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Instituto Nacional de Estadística (INE) España. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  10. "Poboación segundo nacionalidade e sexo". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  11. IGE.
  12. "Una ciudad más viguesa y más joven". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  13. José Teo Andrés. "La colonia rumana se convierte en 2014 en la segunda extranjera en Vigo". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  14. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  15. 15,0 15,1 Pérez Losada, F. (2002). Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña, eds. "Entre a Cidade e a Aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia". Brigantium (13). 
  16. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 Santos Estévez, Manuel (2012). Universidade de Santiago de Compostela, eds. "Arqueoloxía dun topónimo: o nome do Vigo romano - Archaeology of a place name: the name of the roman Vigo". Galaecia - Revista de Arqueoloxía e Antigüidade (31): 121–138. ISSN 0211-8653. 
  18. 18,0 18,1 "O topónimo da cidade probablemente derive do "Vicus" altomedieval". Faro de Vigo. 12/12/2015. 
  19. Menéndez Blanco, Andrés. "Toponimia ya arqueoloxía: dalgunos apuntes sobre’l sou usu complementariu a partir d’experiencias investigadoras na Asturias occidental por Universidá d’Uviéu". En Ramón, D'Andrés Díaz. Manuel Menéndez Y L’Asturies Occidental. 
  20. 20,0 20,1 E. R. (28/02/2013). "Un puerto tan importante no podía ser una aldea". La Voz de Galicia (Vigo). 
  21. Pérez Losada, F. (2007). Faro de Vigo, eds. "El Vicus Romano". Historia de Vigo (Vigo): 25–36. 
  22. 22,0 22,1 Eduardo Rolland (28/02/2013). "Un investigador del CSIC revela que el Vigo romano no era Vicus sino Burbida". Vigo. El historiador Manuel Santos reinterpreta el origen de la ciudad y dice que su nombre es de la Edad Media 
  23. Moralejo, Juan J. (2009). "Toponímia de las vías romanas de Galicia". Palaeohispanica. Acta X (en castelán) (9): 189–202. ISSN 1578-5386. 
  24. Montes, parques e xardíns: A Alameda
  25. Lei 15/2002, de 1 de xullo Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine., pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (BOE nº 157, de 2.07.2002).
  26. Franco, Oscar (26 de maio de 2012). "Edificio Mülder". Patrimoniogalego.net. Consultado o 2 de abril de 2019. , Patrimonio.org.
  27. "Las salinas de Rosalía, un nuevo museo", en Atlántico Diario, xoves 29 de novembro de 2007
  28. "Exposición “Vigo, a cidade retratada” - Centro de Arte Fotográfica (CAFVI)". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  29. Universidade de Alacant, ed. (27-12-1993). "Listaxe de universidades españolas que ofrecen a licenciatura de "Ciencias do mar"". Arquivado dende o orixinal o 20-08-2009. Consultado o 08-08-2009. 
  30. The Guardian, ed. (16-02-2007). "Top 10 beaches of the world". Consultado o 03-09-2007. 
  31. Parque do Castro en Turgalicia
  32. El Feroso da su adiós a las armas artigo no xornal La Voz de Galicia (en castelán)
  33. "El centro concentra el 60 por ciento de los árboles de Vigo". Atlántico Diario. 15/12/2014. 
  34. Figueiras, F.G., Labarta, U. e Fernández, M.J. (2002); Coastal upwelling, primary production and mussel growth in the Rías Baixas of Galicia Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Hydrobiologia, 484, páxs. 121-131
  35. 35,0 35,1 Os irmanamentos dos concellos en Galicia (IGADI) Arquivado 01 de agosto de 2012 en Archive.is.
  36. Eleccións municipais de 2007
  37. "Eleccións municipais de 2011". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  38. "Factoría viguesa". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  39. No primeiro trimestre de 2008, entraron 15.296 toneladas de peixe fresco, mentres que no seguinte en importancia, o da Coruña, foron 6.987 toneladas, e o terceiro, Cádiz, 4.071 toneladas (La Voz de Galicia, 28.05.2008).
  40. Vigo primeiro porto do mundo en recursos pesqueiros.
  41. "Páxina web do Porto de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  42. Atlántico (14 de xaneiro de 2019). "Peinador acabó 2018 con 1.129.689 pasajeros, un 6% más que en 2017". Atlántico (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2019. 
  43. "Listado de compañías aéreas - Aena.es". www.aena.es. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  44. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 40.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85. No orixinal: beillalo.
  46. Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 264. ISSN 1698-7861. Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa i-a Coruña devírtese 
  47. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: San Paio.
  48. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: San Paio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy