Saltar ao contido

Etolin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEtolin
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoArvid Adolf Etholén (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago Alexander Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlasca, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónWrangell Editar o valor en Wikidata
Mapa
 56°05′52″N 132°21′37″O / 56.0977778, -132.3602778
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude822 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións35 (ancho) × 50 (lonxitude) km
Superficie870 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Etolin (Inglés:Etolin Island) é unha illa dos Estados Unidos localizada no arquipélago Alexander, no sueste do estado de Alasca (56°08′N 132°24′O / 56.133, -132.400) Atópase entre a illa do Príncipe de Gales, ao oeste e o territorio continental de Alasca, ao leste, e a illa Wrangell, ao sueste. Cartografouse por primeira vez en 1793 por James Johnstone, un dos oficiais de George Vancouver durante a a súa expedición 1791-95. Trazou soamente as súas costas do suroeste e do leste, sen decatarse de que era unha illa.[1] Orixinalmente chamouse illa do Duque de York (Duke of York Island), pasou a chamarse Etolin cando os Estados Unidos realizaron a compra de Alasca a Rusia.[2] Etolin leva o seu nome en recoñecemento a Adolf Etolin, administrador colonial na América rusa entre 1840 e ata 1845.

A illa ten 48 km de longo e entre 16 e 35 km de largo, cunha superficie de 878´08 km², polo que é a 24ª illa máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Etolin tiña unha poboación de tan só 15 persoas.

Na illa hai unha poboación introducida de alces. Toda a illa atópase dentro dos límites do Bosque nacional Tongass (Tongass National Forest). a parte sur da illa designouse oficialmente como Área Salvaxe Etolin Sur (South Etolin Wilderness).

  1. Vancouver, George, and John Vancouver (1801). A voyage of discovery to the North Pacific ocean, and round the world. London: J. Stockdale. 
  2. Statement of facts regarding the Alaska boundary question, p.1383 Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine., Alexander Begg (1825–1905), Report to the Attorney-General of British Columbia, 1902.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy