Saltar ao contido

Eugène Delacroix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugène Delacroix

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1798 Editar o valor en Wikidata
Saint-Maurice (Primeira República Francesa) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 1863 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
París (Segundo Imperio Francés) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Delacroix (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 49 Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes
Liceo Louis-le-Grand
Lycée Pierre-Corneille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Alxer
Marrocos
Alxeciras
Sevilla
París
Orán
Nohant-Vic
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, muralista, debuxante arquitectónico, pastelista, debuxante, litógrafo, fotógrafo, autor de diarios, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1815 Editar o valor en Wikidata - 1863 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, Arte de paisaxes, Natureza morta e cenas de batalha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoTout l'œuvre peint de Delacroix (en) Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPierre-Narcisse Guérin Editar o valor en Wikidata
AlumnosJoseph Guichard, Charles Cournault, Étienne François Haro (pt) Traducir, Pierre Grivolas (pt) Traducir, Maurice Sand (pt) Traducir, Gustave Lassalle-Bordes (pt) Traducir e Charles Jean Richardot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiCharles-François Delacroix
Charles-Maurice de Talleyrand-Périgord Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles-Henri Delacroix
Henriette Delacroix Editar o valor en Wikidata
ParentesHenri-François Riesener, tío
Léon Riesener, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
17 de agosto de 1863Funeral (Abadia de Saint-Germain-des-Prés (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5706499 BNE: XX1121672 Musicbrainz: b11edf42-ca57-4d4e-93bf-f1cea4106396 Discogs: 1868978 WikiTree: Delacroix-32 Find a Grave: 272 Editar o valor en Wikidata
Mademoiselle Rose
Eugène Delacroix. Fotografía de Félix Nadar

Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eugène foi o cuarto e último fillo do matrimonio formado polo político Charles-François Delacroix (1741-1805), ministro de exteriores do Directorio, e de Victoire Oeben (1758-1814), que pertencía a unha familia de ebanistas, artesáns e debuxantes.

Ao morrer o seu pai, en 1805, sendo nese momento prefecto de Xironda, Eugène trasládase coa súa familia a París.[1], a un apartamento da súa irmá máis vella Henriette e de Raymond de Verninac.[2] Ao ano seguinte inscríbese no Liceo Imperial (actual Liceo Louis-le-Grand) onde recibe unha boa educación. As súas lecturas son clásicas: Horacio, Virxilio, pero tamén Racine, Corneille e Voltaire. Aprende grego e latín. Os numerosos debuxos e bosquexos escritos nos seus cadernos xa dan fe dos seus dons artísticos. Coñeceu aos seus primeiros confidentes no Lycée Impérial: Jean-Baptiste Pierret (1795-1854), Louis (1790-1865) e Félix (1796-1842) Guillemardet e Achille Piron (1798-1865).[3] Compartiron a súa vida bohemia e permaneceron fieis a el ata o final da súa vida.

Estudos e formación

[editar | editar a fonte]

Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.

O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a Stendhal, Mérimée, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Baudelaire. Melómano apaixonado, relaciónase con Paganini, e Frédéric Chopin, e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.

En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticismo e o clasicismo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.

En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy