Saltar ao contido

Eunectes akayima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eunectes akayima
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Boidae
Subfamilia: Boinae
Xénero: Eunectes
Especie: E. akayima
Nome binomial
Eunectes akayima
Rivas et al. (2024)

Eunectes akayima é unha especie de boa de América do Sur e da illa caribeña de Trinidad. É unha das especies máis grandes, pesadas e longas no mundo. Como todas as boas, é unha constritora non velenosa.

Esta nova especie describiuse en 2024, logo de descubrir que era xeneticamente distinta de Eunectes murinus.[1][2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo akayima co que se nomeou a especie provén das linguas caribes locais e pódese traducir como "serpe grande".[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Usando mostras de sangue obtidas de exemplares de anacondas verdes en liberdade e catividade, en 2024 as investigacións demostraron que a anaconda verde do norte (Eunectes akayima) é xeneticamente diferente da anaconda común (Eunectes murinus), coa que comparte hábitat en latitudes máis meridionais. A diferenza de aproximadamente 5,5% no ADN mitocondrial fixo que as poboacións do norte fosen recoñecidas como unha especie separada.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Eunectes akayima foi descrita como unha das serpes máis pesadas e longas do mundo.[1]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Eunectes akayima atópase no norte de América do Sur. Aínda non se coñece a área de distribución precisa, pero segundo as mostras tomadas, a especie atópase en Venezuela, Güiana Francesa, Suriname, Güiana, Ecuador, norte do Brasil e a illa de Trinidad.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Jason Bittel (16 de febreiro de 2024). "The world's heaviest snake has been hiding a big secret". National Geographic. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rivas, Jesús; De La Quintana, Paola; Mancuso, Marco; Pacheco, Luis; Rivas, Gilson; Mariotto, Sandra; Salazar-Valenzuela, David; Tepeña Baihua, Marcelo; Baihua, Penti; Burghardt, Gordon; Vonk, Freek; Hernandez, Emil; García-Pérez, Juán Elías; Fry, Bryan; Corey-Rivas, Sarah (16 de febreiro de 2024). "Disentangling the Anacondas: Revealing a New Green Species and Rethinking Yellows". Diversity 16 (2): 127. doi:10.3390/d16020127. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy