Factor de crecemento transformante
O factor de crecemento transformante ou TGF (do inglés Transforming Growth Factor), ás veces denominado factor de crecemento tumoral, é o nome que se lle dá a dous factores de crecemento polipeptídicos: TGFα e TGFβ.
En realidade, o nome "factor de crecemento transformante" é un pouco arbitrario, xa que as dúas clases de TGFs non están relacionados nin estrutural nin xeneticamente entre elas, e actúan a través de distintos mecanismos receptores. Ademais, non sempre inducen a transformación celular, como parece suxerir o seu nome, e non son os únicos factores de crecemento que poden inducir a transformación celular.
Tipos
[editar | editar a fonte]- TGFα. Nalgúns cancros humanos está regulado á alza. Prodúcese nos macrófagos, células do cerebro, e queratinocitos, e induce o desenvolvemento epitelial.
- TGFβ. Nos humanos coñécense tres subtipos deste factor chamados TGFβ1, TGFβ2, e TGFβ3. Están regulados á alza na síndrome de Marfan[1][2] e nalgúns cancros humanos, e xogan papeis fundamentais na rexeneración de tecidos, diferenciación celular, desenvolvemento embrionario, e regulación do sistema inmunitario. As isoformas como o TGFβ1 crese que están tamén implicadas na patoxénese da pre-eclampsia. Os receptores de TGFβ son receptores de serina/treonina quinases dun só paso.
Función
[editar | editar a fonte]Estas proteínas foron caracterizadas orixinalmente pola súa capacidade de inducir a transformación oncoxénica nun sistema de cultivo celular específico, os cultivos de fibroblastos de ril de rata. A aplicación de TGFs a fibroblastos de ril de rata normais induce que as células cultivadas proliferen e experimenten un sobrecrecemento, que xa deixa de estar suxeito á inhibición normal causada polo contacto entre células.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Matt, P; Schoenhoff, F; Habashi, J; Holm, T; Van Erp, C; Loch, D; Carlson, OD; Griswold, BF; Fu, Q; De Backer, J; Loeys, B; Huso, DL; McDonnell, NB; Van Eyk, JE; Dietz, HC (Aug 2009). "Circulating transforming growth factor-β in Marfan syndrome". Circulation 120 (6): 526–32. PMC 2779568. PMID 19635970. doi:10.1161/CIRCULATIONAHA.108.841981.
- ↑ "Inhibiting TGF to help Marfan". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tumor growth factor (TGF) citations Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Hoffmann, R.; Valencia, A. (2004). "A gene network for navigating the literature". Nature Genetics 36: 664. PMID 15226743. doi:10.1038/ng0704-664. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016.
- Transforming Growth Factors Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.