Fariña (libro)
Fariña | |
---|---|
Título orixinal | Fariña, Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia |
Autor/a | Nacho Carretero Pou |
Cuberta | Artur Galocha |
Orixe | Galicia |
Lingua | Castelán |
Tema(s) | narcotráfico |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Libros del K.O. |
Data de pub. | 17 de setembro de 2015 (9 anos) |
Formato | Tapa branda con lapelas e faixa |
Páxinas | 368 |
ISBN | ISBN 978-84-16001-46-0 |
Tradución | Xosé Manuel Moo (Ed. Xerais) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fariña é un libro escrito polo xornalista Nacho Carretero, publicado en setembro de 2015 pola editorial Libros del K.O. Até marzo de 2018 vendera 30 000 exemplares en 10 edicións. Nese mes ordenouse o cesamento da súa comercialización. A partir do libro fíxose unha serie de televisión tamén co nome de Fariña, amais dunha novela gráfica debuxada por Luís Bustos[1] e unha obra de teatro dirixida por Tito Asorey[2]. Foi traducido ao galego e ao portugués.
Descrición
[editar | editar a fonte]Fariña é o nome co que se coñece coloquialmente a cocaína e por extensión tódalas drogas en po en Galiza. O libro está estruturado en doce capítulos, e narra o narcotráfico en Galiza, desde os comezos do contrabando na costa da Morte e A Raia até a actualidade, con especial atención á década de 1980, cando do contrabando de tabaco se pasou ao tráfico de haxix e cocaína nas rías Baixas.
Causas legais
[editar | editar a fonte]O exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciou en xaneiro de 2016 o autor e a editorial acusándoos de inxurias e calumnias, e pediu a aplicación do artigo 738.1 da Lei de Procesamento Civil. A xuíza Alejandra Fontana do xulgado de instrución número 7 de Collado Villalba ordenou o 5 de marzo de 2018 o secuestro do libro Fariña, tamén en soporte dixital, despois de facer un depósito de 10 mil euros o demandante.[3] O exalcalde do Grove aparece citado en tres liñas do libro. O 22 de xuño de 2018 a Audiencia Provincial de Madrid levantou o secuestro do libro[4]. En xullo foi rexeitada a acusación, e Bea Gondar foi condenado a pagar os custos do xuízo.[5] O autor foi absolto ao considerar finalmente a xuíza que o contido do libro era veraz, froito dunha "importante labor de investigación", e que non se vulnerara o dereito á honra do exalcalde.[6]
Entrementres, o Gremio de Librerías de Madrid puxo unha ferramenta dixital que permitía ler Fariña a través da obra Don Quixote, mais o 23 de marzo o xulgado 7 de Collado-Villalba ordenou o peche da páxina web.[7]
En xuño de 2020 Bea Gondar foi condenado a indemnizar a Nacho Carretero con máis de 3000 € e á editorial do libro con máis de 13000 €, polos danos e perdas ocasionados polo secuestro xudicial do libro.[6]
Edicións
[editar | editar a fonte]O libro foi editado en capa branda con lapelas, cunha faixa despregable con mapas, diagramas e citas. A portada, deseñada por Artur Galocha, representa un fardo de cocaína aberto[8]. Ao final do texto inclúe mapas coa distribución dos clans, un índice onomástico de persoas, clans e operacións, bibliografía e agradecementos. No inicio inclúe unha cita de Dwight D. Eisenhower sobre a liberación de Auschwitz:
Graven todo. Nalgún momento algún bastardo levantarase e dirá que isto nunca sucedeu.
A obra foi traducida ao galego por Xosé Manuel Moo Pedrosa, e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Na portada emprega a imaxe dos personaxes da serie de televisión, cunha foto de Jaime Olmedo.[9] Non obstante, a edición non chegou a ser distribuída ata finais de xuño, cando Xerais anunciou a posta á venda da edición en galego despois da autorización xudicial.[10] O texto foi tamén traducido ao portugués e publicado pola editorial Desassossego en xuño de 2018.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Fariña. A novela gráfica», de Luís Bustos. Unha obra áxil, fermosa e directa que nos mergulla na Galicia do contrabando". Edicións Xerais de Galicia. 19 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020.
- ↑ "Fariña". Fariña. O espectáculo teatral. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "La juez ejecuta el secuestro de ‘Fariña’, el libro sobre los ‘narcos’ gallegos", El País, 5 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ "La justicia levanta el secuestro del libro ‘Fariña’", La Vanguardia, 22 de xuño de 2018 (en castelán)
- ↑ "A xuíza desestima a demanda sobre 'Fariña' e condena a pagar as custas ao ex-alcalde do Grove".
- ↑ 6,0 6,1 "Condenan al exalcalde de O Grove a indemnizar al autor y al editor de 'Fariña' por el secuestro del libro" (en castelán). 8 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ "Un juez ordena eliminar una herramienta digital que permite leer «Fariña»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 2018.
- ↑ "Vouvos contar como foi o proceso de creación da capa de #Fariña", fío de chíos de Artur Galocha en Twitter, 4 de marzo de 2018.
- ↑ "'Fariña', o 'best seller' sobre o narcotráfico, en galego" Arquivado 06 de marzo de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 15 de xaneiro de 2018.
- ↑ "A vindeira semana, 'Fariña' en galego" Arquivado 23 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 22 de xuño de 2018.
- ↑ Farinha, ficha do libro na web da editorial (en portugués).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estévez, A. (23/1/2016). "Lecturas desde O Alcouce: 'Fariña'". Pontevedra Viva.