Saltar ao contido

Feminismo islámico

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Símbolo do feminismo islámico.

O feminismo islámico é unha vertente do feminismo preocupada polo papel das mulleres no islamismo. Esa ramificación loita pola plena igualdade entre todos os musulmáns, independentemente do sexo, na vida pública e privada. As feministas islámicas defenden os dereitos das mulleres, a igualdade de xénero e a xustiza social fundamentadas nunha estrutura islámica. A pesar das súas raíces no islam, os pioneiros do movemento tamén teñen utilizado discursos feministas seculares, occidentais ou doutras fontes non musulmás e recoñeceron o papel do feminismo islámico como parte dun movemento feminista global e integrado.[1]

Os defensores do movemento procuran destacar as ensinanzas de igualdade profundamente enraizados na relixión e incentivar un cuestionamento da interpretación patriarcal do ensino islámico a través do Corán (libro sagrado), do hadith (ditos de Mahoma) e da xaria (lei islámica) en dirección a creación dunha sociedade máis igualitaria e xusta.[2] O islamismo nunca cuestionou a posibilidades das mulleres de daren asistencia ós homes na guerra e nin negou a elas o dereito de iren para o combate en caso de emerxencia.[3] O islam ten unha longa tradición de participación de mulleres na fe, sendo a muller de Mahoma, Aisha, un dos primeiros teólogos da relixión.[4]

Existen países de maioría musulmá con xefas de Estado, primeiras-ministras e secretarias de estado, como Lala Shovkat do AzerbaidjánBenazir Bhutto do Paquistán, Mame Madior Boye do Senegal, Tansu Çiller de Turquía, Kaqusha Jashari de Kosovo e Megawati Sukarnoputri de Indonesia. Bangladesh foi o segundo país do mundo en ter dous mandatos seguidos de mulleres (Khaleda Zia e Sheikh Hasina), que gobernan o país como primeiras-ministras dende 1991, o que pode facer de Bangladesh un exemplo único na historia das repúblicas do mundo.[5]

  1. "International Congress on Islamic Feminism". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  2. "Islamic feminism: what's in a name?". Al-Ahram Weekly. Culture. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  3. (Maulana Muhammad Ali, Introduction to the Study of the Holy Qur-an, op.cit., p. 132.).
  4. Fatima Mernissi, The Forgotten Queens of Islam, Minneapolis, Minnesota: University of Minnesota Press, 1993; pp. 66-69.
  5. "Who owns Bangladesh?". The Economist. 21 de agosto de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy