Saltar ao contido

Festa do polbo de Mugardos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa do polbo de Mugardos
Datos da festa
Tipogastronómico
Celebrada por:Concello de Mugardos
Datasegundo sábado do mes de xullo
ConcelloMugardos
OrganizadorConcello de Mugardos
RecoñecementosFesta de Interese Turístico Galego (2009)

A festa do polbo de Mugardos é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Mugardos desde 1990. En 2009 foi declarada Festa de Interese Turístico Galego, e desde entón celébrase o segundo sábado do mes de xullo.

Na festa sociedades culturais e deportivas preparan e venden aos visitantes racións de polbo á mugardesa, un prato típico desta localidade diferenciado do coñecido polbo á feira.

Dito popular:

"os da Graña son cintores; os da Redonda canteiros;
os de Cervás labradores e os de Mugardos, pulpeiros"
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy