Saltar ao contido

George Anson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Anson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) George Anson, 1st Baron Anson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1697 Editar o valor en Wikidata
Colwich (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1762 (65 anos)
Moor Park, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaParish Church of St Michael and All Angels, Colwich (en) Traducir 52°47′15″N 1°59′08″O / 52.78740615, -1.98542005 Editar o valor en Wikidata
Primeiro Lorde do Almirantado (pt) Traducir
1757 – 1762
← Daniel Finch, 8th Earl of Winchilsea (en) TraducirGeorge Montagu-Dunk, 2nd Earl of Halifax (en) Traducir →
Primeiro Lorde do Almirantado (pt) Traducir
1751 – 1756
← John Montagu, 4.º Conde de Sandwich (pt) TraducirRichard Grenville-Temple, 2nd Earl Temple (en) Traducir →
Almirante
1745 –
Member of the 9th Parliament of Great Britain (en) Traducir
1741 – 1747
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, escritor de viaxes, político, oficial da armada Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1711 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Royal Society (1745–) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militaradmiral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Sucesión Austríaca
Primeira batalla do cabo Fisterra
Guerra da orella de Jenkins Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloBaron Anson (en) Traducir (1747–1762)
Lord Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElizabeth Anson (1748–) Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Anson Editar o valor en Wikidata  e Isabella Carrier Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas Anson
Janette Anson Editar o valor en Wikidata
ParentesGeorge Anson, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ансон Джордж)
Dictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1359921 WikiTree: Anson-266 Find a Grave: 87329952 Editar o valor en Wikidata

George Anson, nado o 23 de abril de 1697 e finado o 6 de xuño de 1762, foi un aristócrata e almirante británico, famoso por cincunnavegar a Terra.

Familia e primeiros ascensos

[editar | editar a fonte]

O pai de George foi William Anson de Shugborough en Staffordshire e a nai Isabella Carrier, cuñada de Thomas Parker, o the Lord Chanceler. George Anson entrou na armada en febreiro de 1712, e rapidamente ascendeu, era tenente en 1716, comandante en 1722 e capitán en 1724. Foi capitán do Scarborough e do Squirrel desde 1724 a 1730 e de 1733 a 1735. En 1737 obtivo o comando do Centurion, un navío de 60 canóns. En 1740 mentres comezaba a Guerra de Sucesión Austríaca comandou (co rango de comodoro) o escuadrón enviado a atacar as posesións españolas no Pacífico na coñecida como Guerra da Orella de Jenkin.

Viaxe arredor do mundo

[editar | editar a fonte]

A expedición comandada por Anson non conseguiu a súa misión orixinal, o escuadrón consistía aen seis navíos de guerra, HMS Centurion (buque insignia), HMS Gloucester, HMS Severn, HMS Pearl, HMS Wager e o sloop (balandra de guerra) Tryal, máis dous cargueiros, Anna e Industry. Diversos desastres reduciron a forza a tan só o Centurion, o Pearl e o Severn, non puideron dobrar o Cabo de Hornos e volveron a Inglaterra, o Wager naufragou na costa de Chile. Cando Anson chegou ó arquipélago Juan Fernández en xuño de 1741 tan só comandaba tres navíos pero a ausencia de efectivos españois suficientes na zona permitiulle saquear a pequena cidade portuaria de Paita ( Perú) (13 e 15 de novembro de 1741). A diminución dos seus homes polo escorbuto e o cansazo dos superviventes (335 dos 961 iniciais) fixeron que concentrara a todos os seus homes no Centurion. Tras un descanso na illa de Tinian chegaron a Macau en novembro de 1742.

O Centurion atacando ó Nuestra Señora de Covadonga

Despois de numerosas dificultades cos chineses saíu de novo ó mar para atacar o galeón de Manila, o Nuestra Señora de Covadonga, que conseguiu conquistar, cun botín de 1 313 843 reás de a oito. Anson regresou a Macau, vendeu a carga do buque español ós chineses e regresou a Inglaterra, dobrando o Cabo de Boa Esperanza o 15 de xuño de 1744.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Anson foi membro do Parlamento por Hedon de 1744 a 1747. En 1747 Anson comandou a frota que derrotou ó almirante de la Jonquière na primeira batalla do cabo Fisterra, capturando varios buques franceses. Anson foi promovido a vicealmirante e ennobrecido como barón Anson de Soberton. Foi Primeiro Lord do Almirantado (1757–1762).

Sete navíos de guerra levaron o seu nome, HMS Anson na súa honra, así como o condado de Anson, en Carolina do Norte e Ansonborough en Charleston, Carolina do Sur.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy