Gerardo Seoane Castro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1978 (46 anos) Lucerna, Suíza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Diego Gerardo Seoane Castro, nado en Lucerna o 30 de outubro de 1978, é un exfutbolista e adestrador suízo de orixe galega. Dende 2023 adestra o Borussia Mönchengladbach, da Bundesliga de Alemaña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade suíza de Lucerna, sendo fillo de dous emigrantes galegos da Brea, en Carballo.[1] Comezou a súa carreira na canteira do FC Rothenburg, pasando logo polo FC Luzern e o FC Sion.
En 1998 foi traspasado por 150 millóns de pesetas ao Deportivo da Coruña, asinando un contrato por cinco anos co presidente Augusto César Lendoiro e instalándose así na terra de seus pais. Foi presentado diante de 3.000 afeccionados no estadio de Riazor, pero o adestrador Javier Irureta non contou con el para o primeiro equipo, no que o centro do campo estaba ocupado polos internacionais brasileiros Mauro Silva e Flávio Conceição.[1] A pesar de adestrar sempre co primeiro equipo disputou con este só dous partidos de Copa do Rei contra o Jerez CF, mentres que o resto da tempada xogou co Fabril en Segunda B.[2] Co filial disputou 31 encontros na súa primeira tempada, anotando catro goles, o primeiro deles na xornada 12 contra o Lugo, pero o equipo descendeu á Terceira división.
En marzo do ano 2000 marchou cedido ata o final da tempada ao AC Bellinzona, da segunda división suíza. Ao remate da cesión regresou á Coruña, onde xogou dúas tempadas máis no Fabril, chegando a ser o capitán do equipo. No verán de 2002 volveu saír cedido a Suíza, esta vez ao FC Aarau, da primeira división.[3] Ao ano seguinte continuou no Aarau xa en propiedade e de aí pasou ao Grasshopper de Zürich no 2004.
A comezos de 2007 volveu ao FC Luzern, onde ao pouco de chegar rompeu a tibia e o peroné. Con todo, continuou no club tres anos máis, retirándose no 2010, como capitán do equipo.
Selección suíza
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección suíza sub-21 en 18 ocasións, e anotou tres goles.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Despois da súa retirada traballou como técnico nas categorías inferiores do FC Luzern, e no 2013 foi durante un partido o adestrador interino do primeiro equipo. Entre 2014 e 2017 foi adestrador do equipo sub-21 do Luzern, e en xaneiro de 2018, despois do despedimento de Markus Babbel, fíxose cargo do primeiro equipo ata o final da tempada. O equipo ocupaba as derradeiras prazas da táboa no momento no que Seoane colleu as rendas do equipo, pero acabou subindo ata o terceiro posto, clasificándose para a previa da Europa League.[4]
A continuación foi fichado polo Young Boys, para substituír a Adi Hütter. Dirixiu o equipo de Berna durante tres anos, gañando tres ligas suízas consecutivas e a Copa de Suíza en 2020. Na súa terceira e derradeira tempada no club, o dominio do equipo na liga foi tal, que se proclamou campión a falta de sete xornadas, rematando con 31 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Basel. Conseguiu ademais levar o Young Boys á Liga de Campións na edición de 2018/19, cousa que non sucedía dende a 1986/87.[4]
En maio de 2021 foi anunciado como novo adestrador do Bayer Leverkusen para a tempada 2021/22 da Bundesliga.[5][6] Completou a súa primeira campaña co terceiro posto en liga, o mellor resultado do club en seis anos, e clasificou así o equipo para a Liga de Campións despois de dous anos de ausencia. Na Europa League logrou a primeira posición do seu grupo na primeira fase, pero caeu eliminado nos oitavos de final contra o Atalanta. Comezou a tempada 2022/23 con malos resultados, logrando só cinco puntos nas oito primeiras xornadas. O 5 de outubro de 2022, co equipo en postos de descenso, e un día despois de sufrir unha derrota diante do Porto na Liga de Campións, a dirección do club decidiu cesalo e substituílo polo vasco Xabi Alonso.[7]
En xuño de 2023 foi contratado como novo técnico do Borussia Mönchengladbach.[8]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como adestrador
[editar | editar a fonte]Young Boys
- Super Liga suíza (3): 2018/19, 2019/20 e 2020/21.
- Copa de Suíza (1): 2019/20.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cudeiro, Juan Luis (7 de novembro de 2018). "Gerardo Seoane, un hijo de la emigración gallega al frente del Young Boys". El País (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2021.
- ↑ "Seoane aguarda en el Fabril una oferta". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 1999. p. 63.
- ↑ "El centrocampista Gerardo Seoane ha sido cedido al Aarau de Suiza". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 2002. p. 39.
- ↑ 4,0 4,1 "Gerardo Seoane: Loves languages and attacking football" (en inglés). 19 de maio de 2021. Consultado o 21 de maio de 2021.
- ↑ "El gallego Gerardo Seoane, nuevo entrenador del Bayer Leverkusen". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2021. Consultado o 21 de maio de 2021.
- ↑ "Seoane is new head coach – Wolf returns to DFB" (en inglés). 19 de maio de 2021. Consultado o 21 de maio de 2021.
- ↑ "Bayer 04 trennt sich von Cheftrainer Gerardo Seoane – Xabi Alonso übernimmt" (en alemán). 5 de outubro de 2022. Consultado o 5 de outubro de 2022.
- ↑ "Gerardo Seoane, nuevo entrenador del Mönchengladbach". Marca (en castelán). 6 de xuño de 2023. Consultado o 6 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Nados en 1978
- Nados no cantón de Lucerna
- Suízos de ascendencia galega
- Futbolistas de Suíza
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Luzern
- Xogadores do FC Sion
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do AC Bellinzona
- Xogadores do FC Aarau
- Xogadores do Grasshopper-Club Zürich
- Adestradores de fútbol de Suíza
- Adestradores do FC Luzern
- Adestradores do BSC Young Boys
- Adestradores do Bayer Leverkusen
- Adestradores do Borussia Mönchengladbach