Saltar ao contido

Gramática xenerativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gramática xenerativa é unha teoría lingüística elaborada por Noam Chomsky e outros lingüistas do MIT a comezos da década de 1960 que pretende dar conta da creatividade dos falantes.

Nas súas hipóteses, a capacidade lingüística (exclusiva dos seres humanos) repousa sobre a existencia de estruturas universais innatas que tornan posíbel a adquisición das linguas naturais. O mecanismo mental que se activa permite emitir e comprender frases que nunca antes se enunciaran. A gramática xerativa oponse aos modelos distribucional e estrutural, que só poden describer frases realizadas.

A gramática é un mecanismo finito que permite xerar ("producir", "crear") un conxunto infinito de frases gramaticais ben formadas. Esa gramática constitúe o saber lingüístico dos individuos que falan unha lingua, isto é, a súa competencia lingüística.

As gramáticas xenerativas constan de tres compoñentes:

  • Compoñente sintáctico: Sistema de regras que definen as frases permitidas nunha lingua.
  • Compoñente semántico: Sistema de regras que definen a interpretación das frases xeradas polo compoñente sintáctico.
  • Compoñente fonolóxico ou fonético: Sistema de regras que realizan nunha secuencia de sons as frases xeradas polo compoñente sintáctico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy