Saltar ao contido

Gran Comora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGran Comora
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°35′S 43°20′L / -11.58, 43.33
PaísComores Editar o valor en Wikidata
CapitalMoroni Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación379.367 (2017) Editar o valor en Wikidata (373,03 hab./km²)
Lingua usadaNgazidja Comorian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.017 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porCanle de Mozambique Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKarthala (2.361 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2KM-G Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX5653548

Gran Comora (tamén coñecida como Grande Comore ou Ngazidja) é unha illa no océano Índico na costa sur de África. É a maior illa das Comores cunha superficie de 1012,9 km². A maioría da súa poboación pertence á etnia comoriana. En 1991 tiña unha poboación de 234.000 habitantes. A súa capital é Moroni, que tamén é a capital nacional. Segundo a constitución de 2002, é gobernada por un presidente electo, así como nas outras illas, co goberno federal que reduciu moito o seu poder.

Por varios séculos, Gran Comora estivo dividido en máis dunha ducia de sultanatos, incluíndo Bambao, Itsandra, Mitsamihuli, Bajini, Hambu, Washili, Hamahame, Mbude, Hamvu e LaDombe. Os sultáns eran coñecidos como falmes. En 1886 o gobernante de Bambao, Saidi Ali ibn Saidi Omar, unificou os sultanatos de Gran Comora no estado de Ngazidja, mantendo a autonomía nos outros sultanatos. Ese mesmo ano, Francia estableceu un protectorado sobre a illa e en 1893 Saidi Ali foi enviado ao exilio. En 1911 Francia anexionou a illa e os sultanatos foron abolidos. En 1975 Gran Comora se federóu con Anjouan e Mohéli para formar a nación das Comores. En 1997 as Comores comezou a disgregarse debido á secesión de Anjouan e Mohéli. Gran Comora converteuse na única illa baixo control federal. No 2002, con todo, Gran Comora foi reunificada coas outras illas baixo a nova constitución.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy