Saltar ao contido

Gran Premio da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio da India
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Buddh (Greater Noida (pt) Traducir) 28°21′02″N 77°32′06″L / 28.3506, 77.535 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,137 km Editar o valor en Wikidata
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
Vixencia2011 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialindian-grand-prix.com… Editar o valor en Wikidata
Instagram: gootickets Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio da India foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida, Uttar Pradesh, India. A primeira carreira celebrada o 30 de outubro de 2011, foi gañada polo alemán Sebastian Vettel. A nova pista foi oficialmente homologada o 1 de setembro de 2011. Jaypee Sports International Limited é o organizador da carreira de Fórmula Un na India e asinou un contrato de cinco anos con Formula One Management (FOM) para acoller o campionato na India. Pero en agosto de 2013, a FIA anunciou a suspensión do Gran Premio da India.

Xa en 1997, houbo plans para albergar un Gran Premio da India en Calcuta.

En 2003, a India tiña só dúas circuítos permanentes, un en Chennai (Irungattukottai) e o Kari Memorial Speedway en Coimbatore. Nese momento foron propostos dous lugares de (2´4 km²) nos arredores do aeroporto de Bangalore. Ademais, no estado de Andhra Pradesh, o xefe do goberno Chandrababu Naidu reservou 6´1 km² de terra cerca do aeroporto de Hyderabad. Vicky Chandhok, pai da Karun Chandhok, declarou nunha entrevista que "Andhra Pradesh realmente esta apostando como ningún outro estado! É xenial ver a un ministro xefe de apostar tan duro. Bangalore é un gran lugar debido principalmente polo seu clima". En decembro de 2003, houbo un pre-acordo para organizar o Gran Premio en Hyderabad, asinouse en 2007. A pista íase a construírse preto do pobo de Gopanapally, nos arredores de Hyderabad, e consistía en 5¨53 km² de superficie. Con todo, en 2004 apareciu a competencia de Mumbai, para cambiar a pista a Mumbai en lugar de Hyderabad.

Bernie Ecclestone dono da F1 esperaba que a India acollese un Gran Premio en tres anos, pero ao final ningún destes proxectos levouse adiante, posiblemente debido á lexislación antitabáquica, e a un cambio na política do goberno

Ambos os proxectos foron declarados "mortos" no segundo semestre de 2004, cando o goberno de Bombai decidiu "non perder o diñeiro no fume dos coches mentres que hai temas máis serios", e a localización de Hyderabad converteuse nun parque de TI para empresas de tecnoloxía

A partir de 2007, cinco lugares competiron na carreira por albergar o Gran Premio da India: Bangalore, o distrito de Gurgaon no estado de Haryana, un circuíto permanente nalgún lugar preto de Nova Deli, un circuíto urbano en Nova Deli, segundo o proposto por Vijay Mallya, e un lugar en Lucknow, Uttar Pradesh.

Tras meses de negociacións, a Asociación Olímpica India (IOA) e Bernie Ecclestone anunciaron en xuño de 2007 un acordo provisional para que a India acollera o seu primeiro Gran Premio Na tempada 2009 de F1. A pista construiríase en Gurgaon, por recomendación do arquitecto Hermann Tilke.

Pero, en setembro de 2007, o IOA, anunciou que a primeira carreira tería lugar en 2010 no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida. Logo de máis avaliacións, Bernie Ecclestone, anunciou en setembro de 2008 que o Gran Premio da India atrasouse a 2011.

Finalmente a carreira de F1 india disputouse o 30 de outubro de 2011 sendo a carreira número 17 do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.

Controversia

[editar | editar a fonte]

Para construír o circuíto, foron compradas as terras duns trescentos campesiños polo goberno do estado. Con todo, en agosto de 2011 - tres meses antes da carreira inaugural - os agricultores en cuestión expresaron a súa insatisfacción co proxecto e ameazaron con desmantelar o circuíto "pola forza se é necesario", esixindo máis diñeiro e dicindo que sentían que a terra debería ser utilizada para construit polígonos industriais e xerar máis emprego na zona.

Gañadores

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2013 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados
2012 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados
2011 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy