Saltar ao contido

Gran Premio de Corea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Corea
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Corea (Yeongam (pt) Traducir) 34°44′00″N 126°25′00″L / 34.7333, 126.4167 Editar o valor en Wikidata
Vixencia2010 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Corea (coreano: 코리아 그랑프리) foi unha carreira Fórmula 1 celebrada en Corea do Sur, desde 2010 ata 2013, cando abandonou o calendario de Fórmula Un.[1]

A carreira disputaríase no Circuíto Internacional de Corea. Tamén se puxo de manifesto que a carreira sería promovida por unha empresa público-privada. O acordo é por sete anos cunha opción de cinco anos que asegure que a carreira se celebrará ata o ano 2021.

A pesar desta confirmación, o Gran Premio de Corea do Sur non se incluíu en ningún dos calendarios provisionais de 2010. Tras a aprobación de fondos para a carreira, programouse esta para o 17 de outubro do 2010 no calendario publicado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) o 21 de setembro de 2009. O 10 de decembro de 2009, os organizadores da carreira anunciaron que estarían listos na data prevista, cun plan para acabar o circuíto o 5 de xullo de 2010, aínda que admitiron que o seu maior problema radicaba na procura de aloxamento para todo o persoal e os espectadores da Fórmula Un. Os organizadores tamén descartaron a posibilidade de realizar a carreira de noite, polo menos ata que teñan máis coñecementos e experiencia na xestión dun Gran Premio. A pesar da confirmación, había aínda o risco de que o circuíto non chegara a tempo, isto foi negado polo promotor da carreira, quen dixo que o circuíto ía estar antes do previsto.

Logo de varios adiamentos, a FIA programou unha inspección final do circuíto o 11 de outubro de 2010, 13 días antes de que o Gran Premio de Corea fose programado para comezar a carreira. Logo da inspección da FIA, o director de carreira Charlie Whiting declarou que a carreira ía seguir adiante.

Os pilotos de Fórmula Un fixeron comentarios positivos sobre o novo circuíto, con varios comentarios de que parece a unha pista interesante e desafiante.

Cancelación

[editar | editar a fonte]

Un calendario preliminar para a tempada 2014 indicaba unha data provisional para o Gran Premio de Corea,[2] pero a carreira omitiuse do calendario final para 2014.[1][3]

Inicialmente, a carreira non se incluíu no calendario provisional de 2015,[4] un calendario posterior publicado en decembro de 2014 deu ao Gran Premio de Corea un espazo o 3 de maio de 2015,[5] movendoo desde cara ao final do calendario en anos anteriores, cara ao inicio do calendario. O 12 de decembro de 2014, Bernie Ecclestone dixo que o Gran Premio de Corea debía agregarse ao calendario de 2015 por motivos legais, citando obrigacións contractuais, pero que os organizadores non estaban interesados en albergar a carreira. Máis tarde anunciouse que a FIA eliminouno do calendario porque os organizadores non desexaban aloxalo. Tiñan plans de revivir o Gran Premio de Corea en 2016, pero tampouco se materializaron.[6]

Gañadores

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2013 Alemaña Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados
2012 Alemaña Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados
2011 Alemaña Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados
2010 España Fernando Alonso Ferrari Circuíto Internacional de Corea Resultados
  1. 1,0 1,1 "FIA confirms revised calendar for 2014". formula1.com. 4 de decembro de 2013. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  2. "FNew Jersey, Austria, Russia, Mexico added to 2014 calendar". formula1.com. 27 de setembro de 2013. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  3. "Korea, Mexico and New Jersey dropped as 2014 F1 calendar is confirmed". f1fanatic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2013. 
  4. "World Motor Sport Council 2014 - Beijing". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 12 de setembro de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  5. "World Motor Sport Council 2014 - Doha". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de decembro de 2014. Consultado o 3 de decembro de 2014. 
  6. "Bernie Ecclestone explains South Korea's inclusion". skysports.com. Consultado o 15 de abril de 2017. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy