Saltar ao contido

Grandvalira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGrandvalira
Imaxe
Tipoárea de esquí Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEncamp, Andorra e Canillo, Andorra Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°34′N 1°38′L / 42.56, 1.64
CordilleiraPireneos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitudepunto máis baixo: 1.710 m
punto máis alto: 2.560 m Editar o valor en Wikidata
Estación de esquí
Remonte74 (100.700 pers/h) Editar o valor en Wikidata
Tapete rolante=10  telecabina=4  telecadeira=26  telesquí=14  telecorda=11  canón de neve=1.027 Editar o valor en Wikidata
Pista de esquí alpino118 (210 km) Editar o valor en Wikidata
  25  38  49  17 Editar o valor en Wikidata

Sitio webgrandvalira.com Editar o valor en Wikidata

Grandvalira é unha estación de esquí dos Pireneos localizada na zona leste do Principado de Andorra, nas parroquias de Encamp e Canillo. A estación está principalmente destinada para a práctica do esquí alpino e chega dende o centro da nación até o leste, onda a fronteira con Francia.

Este é o dominio esquiábel máis grande dos Pireneos e de todo o Sur de Europa, xa que ten un total de 210 quilómetros de pistas. A etación toma o seu nome do río Valira, o río máis grande de Andorra que é resultado da fusión do río Valira de Oriente e do río Valira de Occidente en Escaldes-Engordany.

Grandvalira creouse no inverno de 2003 como resultado dunha fusión entre as estacións de Pas de la Casa - Grau Roig e Soldeu El Tarter. En 2007, Pas de la Casa - Grau Roig celebrou o seu 50 aniversario. O primeiro telesquí foi instalado no ano 1956 por Francesc Viladomat na cima do Coll Blanc. Este telesquí chegaba a transportar 450 equiadores á hora. Dende a fusión, a estación foi ampliada ao Cercle de Pessons e aos Cortals d'Encamp.

Os primeiros canóns de neve artificiais foron instalados en 1985. O primeiro telecadeira desembragábel de seis prazas instalouse en 1997. Estes dous feitos ocorreron na estacións de esquí de Pas de la Casa - Grau Roig.

A estación de esquí de Grandvalira conta con seis sectores diferentes:

  • Encamp (1300m, só se pode acceder á pista por telecabina)
  • Canillo (1500m, só se pode acceder á pista por telecabina)
  • O Tarter (1719 m)
  • Soldeu (1800 m)
  • Grau Roig (2120 m)
  • Pas da Casa (2100 m)
Panorama de Pas da Casa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy