Saltar ao contido

Guy Maddison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuy Maddison

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Perth, Australia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, baixista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoGarage punk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 81e68e3f-23e1-432a-bdc0-112df4ed728e Discogs: 513633 Editar o valor en Wikidata

Guy Maddison, nado en Perth o 31 de marzo de 1965, é un músico australiano, coñecido principalmente pola súa asociación á música punk rock e grunge, e principalmente por ser o baixista da banda de Seattle Mudhoney, substituíndo a Matt Lukin no ano 2001.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maddison comezou a tocar a mediados dos anos 80 na banda de punk rock The Greenhouse Effect en Perth. Despois de mudarse a Sydney en 1986, tocou o baixo con Lubricated Goat, ás veces co pseudónimo Buster Smallgoods, gravando un álbum e un EP con eles. O líder Stuart "Stu Spasm" Grey e Maddison foron os únicos membros da banda que saíron de xira polos Estados Unidos, alistando ao guitarrista Renestair EJ e ao batería Martin Bland para xirar con eles. Foi tamén un membro ocasional do grupo improvisado The Unconscious Collective, e do experimental Merge.

Despois da xira polos Estados Unidos, Maddison deixou Lubricated Goat e formou un proxecto con Peter Hartley, que tocara a guitarra no primeiro álbum de Lubricated Goat. Bautizaron á banda co nome Monroe’s Fur e nesas datas Maddison marchou a vivir a Seattle, Washington.

A mediados dos 90 tocou o baixo na terceira encarnación de Bloodloss, unha banda de blues punk orixinaria de Adelaida, Australia, co vocalista Mark Arm, o guitarrista e saxofonista Renestair EJ e Martin Bland. A finais da década, Maddison foi o líder do grupo de Seattle Tall Poppies, onde tocaba a guitarra e cantaba.

No ano 2001, despois da marcha do baixista orixinal de Mudhoney, Matt Lukin, Maddison aceptou unha invitación para unirse á banda. Guy apareceu nos seus tres álbums máis recentes, que recibiron críticas bastante favorables. Como proxecto paralelo, Maddison canta e toca a guitarra na actualidade nunha banda de rock psicodélico chamada Bricklane.

Maddison tamén traballa de enfermeiro coidando de enfermos críticos.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy