Saltar ao contido

Hamanxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Neolítico Medio europeo no que está indicada en lila a área da cultura de Hamanxia.

Hamanxia (Hamangia) foi unha cultura do Neolítico Medio do norte dos Balcáns, que incluía a área do río Danubio, cuxa evolución comeza aproximadamente entre o 5250 e o 5200 a. C. Os países que foron fogar da Hamanxia foron Romanía e Bulgaria. O seu nome procede do poboado de Baia-Hamangia descuberto en 1953 preto do lago Goloviţa en Romanía.

Os trazos característicos da cultura de Hamanxia eran a produción de vasos cerámicos decorativos con complexas decoracións de debuxo xeométricos e terracotas de figuriñas humanas que expresaban unha profunda espiritualidade en contraste coa vida cotiá. En particular, dúas figuriñas coñecidas como "os pensadores" e "as mulleres sentadas están consideradas obras mestras da arte Neolítica.

A cultura de Hamanxia orixinada no nordeste do Mediterráneo, aparentemente é unha herdanza cultural que inclúe as de Vinca, Dudesti e Karanovo III. A cultura de Hamanxia caracterizouse por unha forte estabilidade, que dificulta a nosa percepción da súa evolución xeográfica e cronolóxica.

Desaparición

[editar | editar a fonte]
Dúas estatuiñas sentadas dunha muller e dun home e cor negra
A "muller sentada" e o "pensador" de Hamanxia. Museo de Historia Natural e Arqueoloxía, Constanța.

A cultura de Hamanxia desapareceu no V milenio a. C. (entre 4550 e 4500 a.C.), cando se produciron as migracións de novas culturas na rexión entre os Balcáns e os Cárpatos. Polo tanto, as moi dinámicas comunidades Boian asimilaron as comunidades Hamanxia durante a súa transición cara á cultura de Gulmenita. Esta asimilación contribuíu á xénese dunha variante transitoria da cultura de Gumelnita entre o mar Negro e o Danubio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy