Saltar ao contido

Hard rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hard rock
Orixe musicalGarage rock, Rock and roll, Blues
Orixe culturalA inais dos anos 60 no Reino Unido e os Estados Unidos
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, teclados
DerivadosHeavy metal

O hard rock ou rock duro é un xénero musical derivado do rock and roll con influencias de guitarras blueseras relacionado en principio co heavy metal.

Orixe e bandas

[editar | editar a fonte]

O garage rock, o rock and roll, o blues e o country son as raíces do hard rock, así e todo, considérase que o hard rock ten orixe no blues rock dos 60.

As bandas ás cales se atribúe a xestación do xénero son Deep Purple, Black Sabbath e Led Zeppelin. A primeira debido ao virtuosismo na composición e execución dos seus temas, e á súa fusión da música clásica co xénero rockeiro (elemento vital para o posterior aparición do heavy metal). A segunda grazas á densidade e crueza do seu son. E a terceira debido á súa constante exploración musical de diversos estilos (como o *blues e o folk), recreándoos sempre baixo unha proposta máis dura e experimental. Durante os anos 60, outras bandas practicaron estilos que se consideran precedentes do rock duro; así, adóitase atribuír o primeiro riff hard rock ao tema "You Really Got Me" de The Kinks, tamén se asegura que a primeira canción de Hard Rock sería Helter Skelter de The Beatles.

Outras bandas importantes do xénero son tamén: Scorpions, Bon Jovi, Eric Burdon, Kiss, Poison, Aerosmith, Quiet Riot, Queen, Vixen, Cinderella, Skid Row, Guns N' Roses, AC/DC, Van Halen, Whitesnake, Def Leppard. A música de Van Halen (ata que David Le Roth abandonou o grupo en 1985) é quizais un dos exemplos máis claros da enerxía do xénero na súa vertente máis moderna.

Como bandas modernas de Hard Rock poderiamos citar a Velvet Revolver, The Darkness agora chamados Stone Gods, Brother Firetribe, The Answer , Wolfmother, Crashdïet, Lordi (gañadores de Eurovisión en 2006), Hard Spirit e Airbourne.

Características do Hard Rock

[editar | editar a fonte]

As súas cancións adoitan estar nunha tonalidade maior, cun uso mestre das tonalidades menores; úsase moito a escala pentatónica do mesmo xeito ca no rock, e os acordes tradicionais substitúense a miúdo por acordes de quinta. As progresións de acordes asócianse a miúdo aos graos I-V ou I-V-VIII da escala, do mesmo xeito que no rock and roll. Os efectos de distorsión das guitarras cobran protagonismo, a batería pode acadar un rango de 100-150 golpes por minuto, sendo 120 un valor habitual. O só da guitarra é unha parte moi importante da canción, tanto como a letra e a melodía da voz. En canto ás letras, adoitan ser máis escuras no heavy metal, e máis festivas e intranscendentes no hard rock, tratando en numerosas ocasións, e sobre todo nos anos 80's, sobre diversión, alcohol e mozas. Aínda que as estruturas son similares no hard rock e o heavy metal, o heavy metal é lixeiramente máis complicado en estruturas ou quizais se preste máis a temas máis longos, con pasaxes que modulan tonalidades diferentes da orixinal e do seu relativo maior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy