Saltar ao contido

Henry Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Hudson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1565 Editar o valor en Wikidata
Reino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 23 de xuño de 1611 Editar o valor en Wikidata
Baía de James, Canadá, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNavegación marítima Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, navegante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1607 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeReino de Inglaterra e Provincias Unidas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1406841 WikiTree: Hudson-775 Find a Grave: 6621707 Editar o valor en Wikidata

Henry Hudson, nado en 1565 e finado en 1611, foi un navegante inglés, famoso por realizar catro importantes viaxes de exploración. Un río e unha baía de América do Norte levan o seu nome na súa honra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Da súa vida coñécense moi poucos datos antes de 1607, ano en que fixo a súa primeira viaxe para a English Muscovy Company. Ao mando dunha soa embarcación, a Hopewell, Hudson alcanzou as costas de Groenlandia e Svalbard, e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordés cara a Asia a través do océano Ártico. Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compañía, e novamente sen éxito busco o paso á India, esta vez navegando a través das illas de Nova Zembla, polo mar de Barents. Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na Compañía Holandesa das Indias Orientais axuda económica e un novo barco para continuar o seu labor.

Traballando para esta compañía, partiu da illa neerlandesa de Tegel, na súa terceira viaxe, no ano 1609, con Half Moon, un navío de 73 toneladas métricas, e unha tripulación composta de dezaoito ou vinte homes entre ingleses e holandeses. Novamente empezou a procura do paso en Nova Zembla, intentando abrirse camiño a través do xeo, pero debido ao frío intenso e á extremas condicións meteorolóxicas, a tripulación empezou a inquietarse e Hudson propuxo un plan diferente. Puxeron rumbo suroeste a través de Nova Escocia e baixaron pola costa de Norteamérica, coa certeza de que os océanos Atlántico e Pacífico estaban separados só por un estreito istmo.

En setembro de 1609 chegou á baía de Nova York, e durante os seguintes meses explorou o río Hudson, ascendendo 240 quilómetros desde a súa desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de Albany. Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de entón só para o seu país de orixe.

Última viaxe

[editar | editar a fonte]

En 1610, Hudson partiu na última das súas viaxes patrocinado por unha recentemente creada compañía de cabaleiros ingleses. Co seu novo navío, o Discovery, lanzouse á procura do paso do Noroeste. A mediados do ano atravesara o estreito de Hudson e alcanzado a baía de Hudson, onde pasou tres meses explorando as illas e costas orientais.

Na crenza de que se atopaba no Pacífico, navegou rumbo sur ata a Baía de James. En novembro o barco estaba atrapado no xeo, polo que logo de pasar un duro inverno a causa do frío e a escaseza de alimentos, a discordia xeneralizouse entre a tripulación, acabando cun motín en xuño de 1611. Hudson, o seu fillo e outros sete membros da compañía foron abandonados á súa sorte nun pequeno bote e nunca máis se soubo deles. Os poucos amotinados que conseguiron sobrevivir puideron chegar a Inglaterra onde foron encarcerados.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy