Saltar ao contido

Homoloxía profunda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As alteracións no xene pax6 orixinan similares alteracións fenotípicas na morfoloxía do ollo e a súa función nunha ampla variedade de especies.

En bioloxía evolutiva do desenvolvemento, o concepto de homoloxía profunda utilízase para describir casos nos que os procesos de crecemento e diferenciación están gobernados por mecanismos xenéticos que son homólogos e profundamente conservados nunha ampla variedade de especies.[1]

Exemplos típicos comúns aos metazoos son os xenes homeóticos que controlan a diferenciación ao longo dos principais eixes corporais, e os xenes pax (especialmente PAX6) implicado no desenvolvemento do ollo e outros órganos sensoriais. A homoloxía profunda aplícase a grupos amplamente separados, como os ollos dos mamíferos e os ollos compostos dos insectos, que son estruturalmente moi diferentes.[1]

A inicios da década de 2010, un equipo da Universidade de Texas en Austin liderado por Edward Marcotte desenvolveu un algoritmo que identifica módulos xenéticos profundamente homólogos en organismos unicelulares, plantas, e animais non humanos baseados en fenotipos (como os defectos de desenvolvemento e de trazos). A técnica aliña os fenotipos dos organismos baseados na ortoloxía (un tipo de homoloxía) de xenes implicados nos fenotipos.[2][3]

  1. 1,0 1,1 Carroll, Sean B. (2006). Endless Forms Most Beautiful. Weidenfeld & Nicolson. pp. 66–69. ISBN 0-297-85094-6. 
  2. Zimmer, Carl. "The Search for Genes Leads to Unexpected Places", The New York Times, New York, April 26, 2010.
  3. McGary KL, Park TJ, Woods JO, Cha HJ, Wallingford JB, Marcotte EM (April 2010). "Systematic discovery of nonobvious human disease models through orthologous phenotypes" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 107 (14): 6544–9. PMC 2851946. PMID 20308572. doi:10.1073/pnas.0910200107. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy