Saltar ao contido

Idrissa Seck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIdrissa Seck

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Idrissa Sec Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Thiès, Senegal Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro do Senegal
4 de novembro de 2002 – 21 de abril de 2004
← Mame Madior BoyeMacky Sall → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Princeton Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRewmi Editar o valor en Wikidata

Idrissa Seck, nado en Thiès o 9 de agosto de 1959, é un político senegalés, primeiro ministro do seu país dende o 4 de novembro de 2002 ata o 21 de abril de 2004.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en París e na Universidade de Princeton. Seck xa fora ministro de Estado antes de subir ao cargo de primeiro ministro en substitución de Mame Madior Boye.

Estivo moi achegado ao presidente Wade e pensouse que estaba chamado a ser o seu sucesor. Fora director de campaña das presidenciais de Wade, segundo no liderado do liberal Partido Democrático Senegalés e alcalde de Thiès, a súa vila natal e unha das principais do país. Pero o presidente Wade non se fiaba moito das intencións de Seck, e Seck foi encarcerado o 23 de xullo de 2005 en Dakar acusado de corrupción en relación cuns proxectos urbanísticos en Thiès.

Paradoxalmente o seu partido, o Partido Democrático Senegalés, acirraba os cans da xustiza e reclamaba o seu procesamento na cámara lexislativa senegalesa. Mentres, o opositor Partido Socialista Senegalés defendía a Seck e pedía a súa liberdade. Nunca se puido probar nada e Seck foi absolto o 7 de febreiro de 2006, logo de 199 días en prisión. En abril dese ano, Seck anunciou que se presentaría ás eleccións presidenciais senegalesas de febreiro de 2007 encabezando o partido Rewmi, que significa 'a nación' en uolof. As autoridades senegalesas anunciaron que impedirían o seu concurso porque conforme a constitución do país, os partidos que respalden a un presidenciable teñen que ter cando menos catorce meses de vida antes da celebración dos comicios, co que se abriu un clima de grande inestabilidade no país. Finalmente, a tres semanas dos comicios, e despois de reunirse a porta pechada co presidente Wade, Idrissa Seck anunciaba que se reintegraba á disciplina do Partido Democrático Senegalés, co que se desencadearon en Dakar numerosas protestas, duramente reprimidas pola policía.

Porén, teimou na súa idea de presentarse aos comicios presidenciais, contra Wade, e a pesar de pertenceren ao mesmo partido concorreron os dous: Wade obtivo a reelección na primeira volta, con máis do 55% dos votos, mentres que Seck conseguía a segunda posición cun 14,97%, por diante do socialdemócrata Ousmane Tanor Dieng.


Predecesor:
Mame Madior Boye
 Senegal Primeiro Ministro do Senegal 
2002 - 2004
Sucesor:
Macky Sall
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy