Igualdade social
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
A igualdade social é unha situación social segundo a cal as persoas teñen as mesmas oportunidades ou dereitos nalgún aspecto.
Existen diferentes formas de igualdade, dependendo das persoas e da situación social particular. Por exemplo, a igualdade entre persoas de diferente sexo, igualdade entre persoas de distintas razas, igualdade entre persoas discriminadas ou de distintos países con respecto ás oportunidades de emprego ou a igualdade de diferentes razas respecto a dereitos de tránsito, de uso de transportes públicos ou de acceso á educación.
A loita polos dereitos sociais foi bandeira do Movemento polos Dereitos Civís.
Actualmente, a igualdade social nalgúns aspectos gañou terreo en occidente -especialmente no primeiro mundo- debido ás múltiples iniciativas pola liberdade en amplas áreas, aínda que de maneira aínda bastante limitada a pesar das aparencias; pero na maior parte dos países do mundo continúan existindo moitos tipos de desigualdades sociais de gran magnitude.