Saltar ao contido

Illa Santa Cruz, Galápagos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Santa Cruz, Galápagos
Imaxe

EpónimoVera Cruz, HMS Indefatigable, Henry Howard, 6th Duke of Norfolk (pt) Traducir, Henry Howard, 7th Duke of Norfolk (pt) Traducir e Clemente I Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°38′37″S 90°21′29″O / -0.6436, -90.3581
EstadoEcuador
ProvinciaGalápagos Editar o valor en Wikidata
CapitalPuerto Ayora Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15,701 Editar o valor en Wikidata (0,02 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie979 km² Editar o valor en Wikidata
Medición31 (ancho) × 43 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude864 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Un dos cráteres, "Los Gemelos" (os Xemelgos), nas terras altas

Illa Santa Cruz é unha das Illas Galápagos cunha superficie de 986 km² e unha altitude máxima de 864 m.[1][2][3][4] Situado no centro do arquipélago, Santa Cruz é a segunda illa máis grande logo da illa Isabela. A súa capital é Porto Ayora, o centro urbano máis poboado das illas. En Santa Cruz hai algunhas pequenas vilas, cuxos habitantes traballan na agricultura e a gandaría. Esta illa é un gran volcán inactivo. Estímase que as últimas erupcións ocorreron ao redor dun millón e medio de anos atrás. Hai un túnel de lava xigantesca que ten máis de 2000 metros de longo na illa que moitos turistas visitan e atravesan camiñando. Como testemuño da súa historia volcánica hai dous grandes buracos formados polo colapso dunha cámara de magma: Los Gemelos.[5][6] Bautizada como Santa Cruz, o seu nome inglés (infatigable) foille dado despois de que a visitara o barco británico HMS Indefatigable.[1] Santa Cruz alberga a maior poboación humana do arquipélago na cidade de Porto Ayora, cun total de 12.000 habitantes na illa.[1]

Baía Tortuga atópase na illa de Santa Cruz, a un curto paseo do centro de Porto Ayora onde se poden ver iguanas mariñas, aves, cangrexos das Galápagos e un mangleiral natural onde poden verse tiburóns e tartarugas das Galápagos.[7]

A formación da illa Santa Cruz ocorreu fai aproximadamente 1 millón e medio de anos. Para dar testemuño disto podemos atopar na parte alta da illa dous grandes colápsos formados por unha cámara de lava denominados Los Gemelos.[8]

O arquipélago foi descuberto por Frei Tomás de Berlanga en 1535, e nos seguintes séculos piratas, bucaneiros e baleeiros usaron as illas para aprovisionarse e reparar os seus botes. Desde 1832 forma parte do Ecuador.

Santa Cruz foi colonizada a finais de 1920 por un grupo de noruegueses, o seu soño de enlatar peixe non foi consumado e algúns deles establecéronse na parte alta e cambiaron a súa actividade pesqueira pola agricultura para vivir.

Prehistoria: Atopáronse restos arqueolóxicos que demostran que os primeiros visitantes procedentes da costa do Ecuador chegaron en "Balsas ou en artefactos flotantes con técnica de vela creados por eles mesmos e iso permitiulles viaxar moi lonxe dentro do mar. Ao parecer non se atoparon rastros de asentamentos permanentes na illa. Logo de moito tempo en 1535, Frei Tomás de Berlanga o bispo de Panamá descubriu as illas Galápagos e xunto con elas á illa Santa Cruz debido a que na viaxe que estaban realizando desde Panamá ata Perú extraviáronse e atoparon cinco illas, entre elas á illa Isabela. Chamaron ás illas "Galápagos" porque a coiraza da tartaruga que vivía alí parecíase moito a unha cadeira de montar española que se chamaba "galápago". A escaseza de auga e a abundancia de rochas deron unha mala primeira impresión.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A Poboación da Illa Santa Cruz ascende a 15 mil habitantes aproximadamente.[9]

A cabeciera da Illa Santa Cruz é Puerto Ayora e consta tamén de parroquias que agrupan á poboación como: Bellavista, Santa Rosa, El Carmen e El Cascajo.

Actividade económica

[editar | editar a fonte]

Os habitantes da illa, viven do turismo, da pesca e da agricultura para autoconsumo e para o consumo local.[10] O turismo atre unhas 60.000 ou 70.000 persoas por ano, danando progresivamente o ecosistema da illa. Chegouse á práctica de pesca excesiva de cogombros de mar e lagostas por parte dos pescadores.[10]


Panorama do areal de Baía Tortuga.

Panorama do areal de Baía Tortuga.


  1. 1,0 1,1 1,2 "Santa Cruz". Galápagos Conservancy. Consultado o 26 de setembro de 2012. 
  2. http://m.nzherald.co.nz/travel/news/article.cfm?c_id=7&objectid=11491237 En Santa Cruz, a zona de paseo polo centro de Porto Ayora é unha pequena franxa de hoteis, restaurantes, compañías de viaxe e tendas de agasallos.
  3. http://www.heraldsun.com.au/leader/news/visit-the-galapagos-islands-but-tread-lightly-on-natures-construction-site/story-fnglekhp-1227463418157 Visit Santa Cruz Island, Galápagos Islands, but tread lightly on "nature's construction site"
  4. http://traveller24.news24.com/Explore/Islands/Top-10-islands-number-one-might-surprise-you-20150714 Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine. Tortuga Bay Puerto Ayora Galápagos Islands,
  5. "Pit Craters". World Land Forms. 2015. Consultado o 2016-05-30. 
  6. http://www.eluniverso.com/noticias/2015/08/13/nota/5065640/gobernador-galapagos-inadmisible-cerrar-locales
  7. http://www.ksl.com/?sid=35827641&nid=1287&title=the-worlds-12-best-spots-for-wild-swimming Las Grietas in Puerto Ayora Galápagos, Ecuador.
  8. "Isla Santa Cruz". Cámara de Turismo de Galápagos (en español). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  9. "Poblacion". Canton Santa Cruz (en español). Consultado o 25 de abril de 2017. [Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 "Economia de las Islas Galapagos". www.galapaguide.com (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy