Saltar ao contido

Illa Somerset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Somerset
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 73°15′N 93°30′O / 73.25, -93.5
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións140 (ancho) × 225 (lonxitude) km
Superficie24.786 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1819 Editar o valor en Wikidata

A illa Somerset (en inuktitut Kuganajuup Qikiqtanga), é unha das maiores illas do arquipélago ártico canadense, separada uns 2 km da península de Boothia polo estreito de Bellot, na rexión Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut. Ten unha superficie de 24.786 km² (45ª do mundo e 12ª do Canadá por extensión).[1] Está deshabitada.

Ao redor do ano 1000, a costa norte da illa de Somerset estaba habitada polo pobo thule, como queda demostrado polos ósos de balea, os túneles e ruínas de pedra. A finais de 1848, James Clark Ross, ao mando de dous barcos, arribou a Porto Leopoldo, na costa nordeste para pasar o inverno. En abril do ano seguinte iniciou unha exploración da illa en zorra.

En 1937, o creouse o forte comercial de Fort Ross (fito 72°0′34″N 94°14′8″O / 72.00944, -94.23556) pola Compañía da Baía de Hudson no sueste da illa. Pero once anos máis tarde foi pechado por mor das severas condicións do xeo, que o facían antieconómico e de difícil acceso. Isto deixou a illa deshabitada. O almacén tenda e a casa do administrador aínda se usan como refuxio dos inuit de Taloyoak, que acoden a cazar caribús.

Debido ás ruínas, á vida silvestre e ao fácil acceso desde a localidade de Resolute, a costa norte da illa converteuse nun popular destino turístico.

No verán de 2006, a serie "The National" da CBC Television visitou Fort Ross no quebraxeos da Garda Costeira "CCGS Louis S. St-Laurent", nunha serie especial que se centrou no cambio climático.

  1. "Atlas of Canada - Sea Islands". Atlas.nrcan.gc.ca. 2009-08-12. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-22. Consultado o 2010-08-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy