Saltar ao contido

Illa de Adonara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Adonara
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Solor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas menores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFlores Timur, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°20′00″S 123°10′00″L / -8.333331, 123.166667
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.659 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoIliboleng (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.659 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie509 km² Editar o valor en Wikidata

Adonara (en indonesio: Pulau Adonara) é unha illa de Indonesia, que forma parte de Illas menores da Sonda. A illa, que ten uns 60.000 habitantes, administrativamente forma parte da provincia de Nusa Tenggara Oriental.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa está situada entre a illa de Flores, ao oeste e a illa de Lomblen, ao leste (que separa o Estreito de Lamakera). Xunto a estas dúas illas, e outras minores forman o Arquipélago de Solor. Adonara ten unha superficie de aproximadamente 518 km² e unha costa de 104,6 km. Na súa maioría montañosa, na illa atópase o monte máis alto de todo o arquipélago (Ili Boleng de 1659 metros).

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía baséase principalmente na "Agricultura (arroz, millo, coco) e a pesca. A cidade principal é Sagu, situada na costa norte.

No século XVI os portugueses foron os primeiros europeos que chegaron á rexión e reclamaron, entre outras cousas Adonara como parte do seu territorio. Naquela época, a poboación da illa era pequena, había só sete ou oito pobos. En 1599, dúas igrexas foron construídas en Adonara. O mesmo século, foron habitadas por un grupo cristián no medio de todos os pobos animistas. Desde 1650 a illa formaba parte dun reino local. En 1851 o gobernador das posesións portuguesas no ámbito das illas menores da Sonda José Joaquim Lopes de Lima, vendeu a illa xuntamente con outras áreas aos Países Baixos. Este acto foi confirmado oficialmente polo Tratado de Lisboa, en 1859. Os principados de Larantuca e Adonara foron abolidos polo goberno indonesio en 1962. Algún tempo tras a independencia as autoridades locais aínda estaban enraizados no gobernantes pasados, chamado Raja.

A illa tamén é coñecida polo alcume de Illa dos asasinos, porque no pasado prolongouse durante centos de anos pelexas entre as nacións da costa e a poboación das montañas, que causou moitas vítimas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy