Saltar ao contido

Illa de Baffin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla de Baffin
Baffin Island (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoWilliam Baffin Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 69°N 72°O / 69, -72
EstadoCanadá
TerritorioNunavut Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.148 (2016) Editar o valor en Wikidata (0,03 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie507.451 km² Editar o valor en Wikidata
Medición700 (ancho) × 1.600 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Altitude2.147 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Odin (pt) Traducir (2.147 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A Illa de Baffin (en inuktitut: ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk) é unha illa ártica de Nunavut, Canadá. É a illa máis grande do Canadá e a quinta do mundo, cunha área de 507.451 km², e 11.000 habitantes (2004). O explorador William Baffin deulle o nome. A cidade principal da illa, e capital de Nunavut, Iqaluit (antes coñecida como Frobisher Bay) localízase na costa sur

Os máis antigos restos de hábitat humano localízanse no suroeste da illa e remóntanse ao 2.400 a.C. En 1576 o explorador inglés Martin Frosbisher é o primeiro europeo en chegar á illa e entre 1615 e 1616 William Baffin explora o sur da illa A illa de Baffin (ás veces chamada, Terra de Baffin; en inuit, Qikiqtaaluk, e, en nórdico antigo, Helluland, a «terra da pedra prateada») é unha grande illa situada no extremo noriental do Canadá, pertencente ás illas do arquipélago ártico canadense. É a illa máis grande do Canadá e a 5ª do mundo, cunha superficie de 507.451 km². Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut e á rexión Qikiqtaaluk.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa de Baffin ten unha forma bastante irregular, asimilable a unha J virada uns 45º á esquerda, cos dous extremos máis anchos e unha parte central máis estreita. Ten unha lonxitude, en dirección NO-SE, de máis de 1600 km, variando a súa anchura entre os 500 km do seu parte setentrional, os 200-300 km da parte central e os de máis de 800 km da parte meridional.

A illa está atravesada por profundos entrantes de mar que conforman varias grandes penínsulas:

  • no extremo suroccidental, a península Foxe, de relevo moi desigual. Avanza no mar, dirección leste-oeste, é duns 215 km. O seu istmo ten unha anchura duns 80 km e a súa anchura máxima é de 145 km;
  • no extremo máis meridional, a península Meta Ingognita;
  • na parte suroriental, ao norte da anterior, a península Hall, levemente accidentada;
  • na parte máis oriental, máis ao norte da anterior, a península Cumberland, cunha anchura no punto máis estreito de 335 km;
  • na parte setentrional, a península Borden, unha meseta percorrida por vales fluviais;
  • na parte setentrional, a península Brodeur, outra meseta percorrida por vales fluviais.

Os puntos extremos de illa Baffin son os seguintes. Obtivéronse directamente mediante o Google Earth, polo que a súa precisión pode ter algún erro debido á propia forma da consulta:

Iqaluit -antes denominada Frobisher Bay-, a capital de Nunavut, está situada na costa sur da illa, na baía homónima, da cal recibiu o nome. No 2001 tiña 5236 habitantes.

Ao sur está o estreito de Hudson e o Québec, ao continente. Ao leste sitúase o estreito de Davis e a baía de Baffin e, á outra banda, Groenlandia. Ao oeste e ao norte, a baía de Foxe, o golfo de Boothia e o estreito de Lancaster separan a illa de Baffin do resto do arquipélago.

Illa de Baffin

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Monte Odin (2.147 m), o punto máis alto de Illa Baffin.
Monte Odin (2.147 m), o punto máis alto de Illa Baffin.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy