Saltar ao contido

Iniciativa lexislativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase iniciativa lexislativa á potestade que constitucionalmente atribúese a un ou máis órganos dun Estado ou territorio para iniciaren o procedemento de trámite de forma válida que culmine na aprobación, modificación ou derrogación dunha lei.

A Iniciativa Lexislativa correspóndelle efectuala ao Goberno, manifestada a través do Proxecto de Lei polo Congreso e o Senado e por último levado a cabo polas Cámaras de acordo coa Constitución e os seus Regulamentos.

Órganos con iniciativa lexislativa

[editar | editar a fonte]

Na maioría dos países, a iniciativa lexislativa correspóndelle ao Parlamento ou ao Congreso ou ben a outro órgano como ao xefe de estado ou ao goberno...

Con todo, os diferentes ordenamentos teñen regulados mecanismos de iniciativa variados que poden permitir a outros órganos constitucionais posuír iniciativa lexislativa. Tamén se regula en moitos países a iniciativa popular, que xorde dos propios cidadáns.

Tipos de iniciativa lexislativa

[editar | editar a fonte]
  • Inicativa lexislativa única: Dáse naqueles sistemas onde soamente ten a iniciativa lexislativa o órgano que ten á súa vez atribuído o poder lexislativo, e só este pode iniciar o procedemento. Nos sistemas de bicameralidade do congreso ou parlamento, adoita corresponder a senllas cámaras por igual.
  • Iniciativa lexislativa compartida: É aquela na que, ademais do poder lexislativo, a iniciativa pode partir doutros órganos de goberno.
    • Xunto ao poder executivo: Neste caso, ademais do poder lexislativo, o poder executivo, xeralmente o xefe de goberno, pode propor unha norma con rango de lei, xa sexa as ideas matrices ou un artigo específico, e que sexa tramitada polo Congreso ou Parlamento.
    • Xunto a outros órganos: Neste caso, que pode ser compatible co anterior, atribúese a iniciativa tamén a outros órganos públicos, como as Asembleas Lexislativas dos Estados dunha Federación, ou á propia acción popular. Tamén pode existir iniciativa limitada, concedida a certos órganos do Estado en materias específicas, por exemplo, a que se outorga á Corte Suprema nalgúns países, en temas relativos á administración de xustiza.

En calquera das fórmulas, a iniciativa lexislativa adoita necesitar de certos requisitos para considerala válida: mínimo de membros do Parlamento, Congreso ou da cámara (alta ou baixa) que a incoen; consonte ao Consello de ministros no seu caso; resolución maioritaria favorable das Asembleas Lexislativas dos estados federados ou número mínimo de cidadáns que a apoien. En ocasións tamén a ulterior tramitación lexislativa pode ser algo diferente segundo o órgano do que parta a iniciativa.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy