Saltar ao contido

Inquisidor xeneral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O papa e o inquisidor (1884) de Jean-Paul Laurens.

O inquisidor xeneral ou grande inquisidor (en latín: Inquisitor Generalis) foi a máxima autoridade oficial da Inquisición española. O primeiro e probablemente o máis famoso foi Tomás de Torquemada, relixioso dominico.

O nomeamento correspondía ao papa a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un breve pontificio no que delegaba a súa autoridade para reprimir a herexía no novo inquisidor, así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por Roma. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da monarquía máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar.[1]

Torquemada, Prior de Santa Cruz e primeiro inquisidor xeneral de Castela e Aragón, no s. XV.

Tras a resolución das Cortes de Cádiz no século XIX, tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de Juan Antonio Llorente unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero canario Cristóbal Bencomo y Rodríguez quen foi confesor do rei Fernando VII[2] e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo).[3] Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a Constitución de Cádiz, o Santo Oficio era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.

Diego de Deza, Inquisidor xeneral, 1498-1507.

Lista de inquisidores xenerais

[editar | editar a fonte]
Juan Pardo de Tavera, Inquisidor xeneral, 1539-45.
Fernando Niño de Guevara, Inquisidor xeneral, 1600-02.

Os seguintes personaxes desempeñaron o cargo de inquisidores xenerais entre 1483 e 1834:

1820: Abolición da Inquisición, durante o Trienio Liberal.

Literatura

[editar | editar a fonte]

O Gran Inquisidor é tamén o nome dun capítulo da obra literaria Bratia Karamazovy, do escritor e filósofo ruso Fiódor Dostoievski. O personaxe central da peza é un Grande Inquisidor que arresta e procesa a Xesús de Nazaret.

Javier Alfaya, na súa novela Eminencia ou A memoria finxida (1993, ISBN 84-204-8103-3), fábula a vida dun dos últimos inquisidores Xenerais, Ramón José de Arce, a partir dunhas imaxinarias memorias.

  1. La Parra López, Emilio; Casado, María Ángeles (2013). La Inquisición en España. Agonía y abolición. p. 32. 
  2. "Obispos canarios en el mundo" Diocese de Canarias.
  3. "Biografía de Cristóbal Bencomo y Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  4. En 1494, o papa Alexandre VI nomeou inquisidores xenerais adxuntos a Martín Ponce de León, arcebispo de Mesina; Íñigo Manrique de Lara, bispo de Córdoba; Alonso Suárez de la Fuente del Sauce, bispo de Mondoñedo; e Francisco Sánchez de la Fuente, bispo de Ávila.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy