Irmáns Wright
(1905) | |
Biografía | |
---|---|
Grupo | dúo de irmáns equipo |
Wilbur Wright (pt) (Millville (pt) , 16 de abril de 1867 - Dayton (pt) , 30 de maio de 1912). Aviador Orville Wright (Dayton (pt) , 19 de agosto de 1871 - Dayton (pt) , 30 de xaneiro de 1948). Inventor | |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, enxeñeiro de deseño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Os Irmáns Wright, é dicir, Orville Wright, nado o 19 de agosto de 1871 e finado o 30 de xaneiro de 1948, e mais Wilbur Wright, nado o 16 de abril de 1867 e finado o 30 de maio de 1912, son recoñecidos por proxectaren e construíren o primeiro aeroplano funcional e por realizaren o primeiro voo controlado nun aparello máis pesado que o aire, alén doutras realizacións destacábeis da historia da aviación. Con todo, hai algunha polémica canto ao feito de teren ou non sido os primeiros a realizar estas accións, reclamadas por parte doutros individuos e nacións. O caso máis célebre e convincente é o do inventor brasileiro Alberto Santos-Dumont, considerado, principalmente no Brasil, como o creador do primeiro aparello voador "mais pesado que o ar" - o seu 1907 14-Bis, construído en Francia.
O 22 de maio de 1908 os Irmáns Wright patentan o seu invento: o aeroplano, na oficina de patentes estadounidenses.
Os irmáns tiñan terminado o avión en 1905 e trataban de vendelo a países: Francia, Inglaterra e os propios Estados Unidos estaban interesados. Pero os irmáns Wright non querían mostrar o avión ata que houbese un contrato asinado con compromiso de compra. Ninguén quería asinar o contrato sen ver os avións (críase que era toda unha fraude porque case ninguén vira aos irmáns voar, máis que nada porque eran uns geeks da época, pouco amigos dos medios de comunicación) e eles non poderían vendelos se o ensinaban a treo.
Dispoñían dunha patente sobre un método de voo, pero resultáralles complicado conseguila e non era garantía de nada, sobre todo fóra dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro voo foi o 17 de decembro de 1903, en Kitty Hawk, a bordo do Flyer I.[1]
Realmente a súa grande importancia na historia da aviación foi o control de viraxe mediante o alabeo. Até entón os avións existentes eran difíciles de controlar por non considerarse necesaria a inclinación das ás para cambiar de dirección. O metódico e minucioso do traballo dos Wright estableceu as bases para o voo dos aparellos máis pesados que o ar.
Chegaron a construír o primeiro túnel aerodinámico para medir a sustentación que producen distintos perfís a distintos ángulos de ataque. Fixeron voar controladamente un aeroplano de 350 kg, construído cos pesados materiais da época, cun motor de só 19 cabalos (actualmente un ULM similar, de 200 kg, voa con 50 cv). É importante recordar que tamén tiveron que aprender a pilotar e moi ben, porque as actuais reproducións do Flyer I son moi difíciles de voar, incluso en mans de pilotos expertos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17". World Digital Library. 1903-12-17. Consultado o 2013-07-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Irmáns Wright |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |