Isistius labialis
Aparencia
Isistius labialis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Isistius labialis
|
Isistius plutodus é unha especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos,[2] unha das integradas na actualidade, segundo moitos autores, no xénero Isistius.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1985 por Meng, Zhu e Li.[4]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Durante un tempo algúns autores consideraron a existencia desta especie, e aínda hoxe, por exemplo a FishBase e a ADW admítena como especie diferente,[5][6] pero o WoRMS a identifica como Isistius brasiliensis,[2] e a EOL e o ITIS non a consideran.[7][3]
Distribución e bioloxía
[editar | editar a fonte]Habita no mar da China Meridional, no noiro continental, a profundidades de até 520 m. Presumibelmente é unha especie oceánica ou semioceánica. O único espécime coñecido tiña unha lonxitude de 44 cm. Non se sabe nada da súa bioloxía.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Compagno, L. J. V. (2009): Isistius labialis na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985 no WoRMS
- ↑ 3,0 3,1 Isistius Gill, 1865 no WoRMS.
- ↑ Meng, Q., Zhu Y. & Li S. (1985): "A new species of Dalatiidae (Squaliformes) of China". Acta Zootaxon Sinica 4: 442-444.
- ↑ Isistius na ADW.
- ↑ Especies de Isistius en FishBase.
- ↑ Isistius na EOL.
- ↑ Compagno, Leonard J. V. (2002): Sharks of the World. An annotated and illustrated catalogue of Shark species known to date. Volume 2. Bullhead, mackerel and carpet sharks (Heterodontformes, Lamniformes and Orectolobiformes). Roma: FAO. ISBN 92-5-1045-437.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isistius labialis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Isistius labialis |