James Ussher
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1581 Dublín, Irlanda |
Morte | 21 de marzo de 1656 (75 anos) Reigate, Reino Unido (pt) |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Bishop of Carlisle (en) | |
1642 (Xuliano) – 1643 (Xuliano) ← Barnaby Potter (en) – Richard Sterne (pt) → | |
Arcebispo de Armagh (Igrexa de Irlanda) | |
1625 (Xuliano) – 21 de marzo de 1656 (Xuliano) ← Christopher Hampton (en) – John Bramhall (pt) → | |
Arcebispo | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo irlandés |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Trinity College Dublín |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, filósofo, escritor, teólogo, historiador, Arcebispo |
Período de tempo | 17th century generation (en) e 16th century generation (en) |
Interesado en | Cronologia bíblica (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Phoebe Challoner (1614–) |
Fillos | Elizabeth Tyrrell |
Pais | Arland Ussher e Margaret Stanihurst |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
James Ussher, James Usher ou, simplemente Ussher (latinizado como Jacobus Usserius), nado en Dublín o 4 de xaneiro de 1581 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 1656, foi arcebispo anglicano de Armagh e primado de Irlanda entre 1625 e 1656.
Teólogo prolífico, é especialmente famoso por publicar unha cronoloxía, en 1658, no libro The Annals of the World (Os anais do mundo),[1] tradución ao inglés doutro que publicara en latín tres anos antes,[2] onde se precisa, con exactitude asombrosa, a idade exacta da Terra, situando a Creación no ano 4004 antes de Cristo.
Formación
[editar | editar a fonte]Ussher naceu en Dublín, Irlanda, no seo dunha rica familia anglo-irlandesa. O seu avó materno, James Stanihurst, fora speaker (presidente) do Parlamento irlandés, e o seu pai Arnold Ussher era clérigo na Chancelería de Irlanda cando casou con Margaret Stanihurst.[3] O seu irmán máis novo, Ambrose, o único (con el) que alcanzou a idade adulta, chegou a ser un eminente especialista en árabe e en hebreo. Segundo o seu capelán e biógrafo, Nicholas Bernard, Ussher aprendeu a ler grazas a dúas das súas tías, que eran cegas.
Demostrando grande aptitude para as linguas, James entrou na Dublin Free School, e despois, o 9 de xaneiro de 1594, no recentemente inaugurado (1591) Trinity College, Dublin, á idade de 13 anos. Despois de obter o seu diploma de Bachelor of Arts (Bacharel en artes) en 1598, pasou á universidade en 1600.
En maio de 1602, o seu tío Henry Ussher, arcebispo de Armagh e primado anglicano de Irlanda, ordénao diácono protestante da Igrexa de Irlanda na capela do Trinity College (e posibelmente sacerdote o mesmo día).
Carreira eclesiástica
[editar | editar a fonte]Ussher foi Chanceler da St Patrick's Cathedral, Dublin en 1605 e Prebendary (cóengo) de Finglas. Foi profesor Controversias Teolóxicas no Trinity College e Bachelor of Divinity (Bacharel en divindade) en 1607, Doutor en divindade en 1612, Vicechanceler en 1615 e vice-provost[4] en 1616. En 1613 casa con Phoebe, filla dun antigo vice-provost, Luke Challoner, e publica a súa primeira obra. En 1615 estivo estreitamente comprometido coa redacción da primeira confesión de fe da Igrexa de Irlanda.
En 1619, Ussher fai unha viaxe de dous anos a Inglaterra. A súa única filla, Elizabeth, naceu en Londres nese mesmo ano. James Ussher chegou a ser un gran personaxe despois do seu encontro con Xacobe I de Inglaterra. Foi nomeado bispo de Meath en 1621, e chegou a ser un personaxe de envergadura nacional en Irlanda. Accedeu ao Privy Council en 1623, continuando os seus traballos eruditos. De 1623 a 1626, Ussher estivo de novo en Inglaterra e foi dispensado das súas obrigas episcopais co fin de estudar a historia eclesiástica. En 1625, sucedeu, finalmente, ao seu tío nas funcións de arcebispo de Armagh e de primado de Irlanda.
Ussher era un calvinista convencido, e en tanto que primado accedeu á cabeza da Igrexa de Irlanda, protestante. Como moitos dos seus contemporáneos, alardeaba dun anti-catolicismo feroz, o que guía os seus primeiros traballos. O ton dos seus escritos reflicte a dureza dos debates teolóxicos no inicio da época moderna. Por exemplo, o seu Judgement of the Arch-Bishops and Bishops of Ireland (1626) comenza así:
"A relixión dos papistas é supersticiosa e idólatra; a súa fe e a súa doutrina erróneas e heréticas; a súa Igrexa apóstata; acordar a tolerancia ou consentir que eles poidan exercer libremente a súa relixión é por tanto un grave pecado."
Ussher emprendeu intensas disputas cos teólogos católicos romanos. Na época dos seus estudos, desafiara a un parente xesuíta, Henry Fitzsimon, a debater publicamente a identificación do papa co Anticristo. De maneira máis xeral, Ussher escribiu secasí moito sobre teoloxía ou historia eclesiástica, e estes temas substituíron pouco a pouco as diatribas anticatólicas. As súas investigacións sobre a antiga Igrexa irlandesa-céltica foron a única autoridade na materia até o século XX. De Graeca Septuaginta Interpretum Verisone (1655) constituíu o primeiro estudo serio da Septante (ou Septuaginta, en versión latina).
Cronoloxía de Ussher
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Calendario de Ussher.
En 1650 Ussher, baseándose na Biblia, escribiu o libro Annales veteris testamenti, a prima mundi origine deducti (Anais do Antigo testamento, que deducen as orixes primeiras do mundo), no que fixo unha excéntrica estimación do número de xeracións, tendo en conta a duración media a duración media da vida humana e as principais figuras bíblicas entre Adán e Eva e o nacemento de Xesús.
Deduciu datas exactas, por exemplo:
- creación da Terra: á noitiña do sábado 22 de outubro do 4004 a. C.[5]
- expulsión de Adán e Eva do Paraíso: o luns 10 de novembro do 4004 a. C.
- final do Diluvio Universal (a arca de Noé pousa sobre un monte): o mércores 5 de maio do 2348 a. C.
O efecto de verosimilitude xerado pola súa peregrina precisión deulle unha gran credibilidade entre os seus contemporáneos.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1650: Annales veteris testamenti, a prima mundi origine deducti (Anais do Antigo testamento, que deducen as orixes primeiras do mundo).
- 1654: Annalium pars postierior (parte seguinte dos anais), continuación do anterior.
- 1655: De graeca septuaginta interpretum versione.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Primeira páxina de Os anais do Antigo Testamento, que deducen as orixes primeiras do mundo, de 1650.
-
O texto traducido ao inglés polo propio Ussher: Os anais do Antigo Testamento desde o principio do mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "livros em inglês" (en português (o libro está en inglés).). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 5 de maio de 2010.
- ↑ Annales veteris testamenti, a prima mundi origine deducti (Anais do Antigo Testamento, que deducen as orixes primeiras do mundo)
- ↑ Dictionary of National Biography, article Stanyhurst, Richard.
- ↑ Un cargo eclesiástico.
- ↑ En Internet poden verse datos erróneos acerca da hora: xeralmente ás 9:00, ás 12:00 ou ás 21:00 do 26 de outubro.