Saltar ao contido

Jules Rimet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJules Rimet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jules Ernest Séraphin Valentin Rimet Editar o valor en Wikidata
14 de outubro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Theuley, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 1956 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Suresnes, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Bagneux Editar o valor en Wikidata
Presidente Federación Francesa de Fútbol
1944 – 1949
← Henri Jevain (en) TraducirEmmanuel Gambardella →
Presidente National Sports Commitee (en) Traducir
1931 – 1947
← Gaston Vidal (pt) TraducirAlfred Eluère (pt) Traducir →
President of FIFA (en) Traducir
1921 – 1954
← Daniel Burley WoolfallRodolphe Seeldrayers (pt) Traducir →
Presidente Federación Francesa de Fútbol
1919 – 1942 – Henri Jevain (en) Traducir →
Presidente Red Star Football Club 93 (pt) Traducir
1897 – 1910 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónÉtablissement La Rochefoucauld (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFederación Francesa de Fútbol
National Sports Commitee (en) Traducir
Red Star Football Club 93 (pt) Traducir
FIFA
Football association (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 10369601 Editar o valor en Wikidata

Jules Rimet, nado o 14 de outubro de 1873 en Theuley-les-Lavoncourt (Francia) e finado en Berna (Suíza) o 16 de outubro de 1956, foi un avogado e dirixente deportivo, foi presidente da Federación Francesa de Fútbol, o terceiro e un dos máis importantes presidentes da FIFA, sendo o que propuxo a creación da Copa do Mundo de Fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educado nos seus comezos de maneira ríxida, estudou a carreira de avogado en París e, aínda que lle gustaba o fútbol, non o practicou, polo que se dedicou máis ben a axudar aos deportistas. Ao comezo da súa carreira como dirixente, que comezou en marzo de 1897, reuniuse cuns amigos para fundar o club Red Star, que hoxe aínda existe e que presidiu; logo, en 1910, fundouse a primeira liga francesa, da cal nove anos máis tarde fixo crear a Federación Francesa de Fútbol (FFF), que dirixiu desde 1919 a 1942.

Posteriormente vinculouse á FIFA como representante de Francia ante a mesma, ata que en 1921 foi designado presidente; alí trasladou a súa experiencia de líder e o seu amor ao Fútbol, que o impulsou a reorganizar a FIFA, que por entón estaba a piques de disolverse. Non só promoveu os torneos olímpicos de Fútbol dos anos vinte, senón a Copa Mundial de Fútbol, que era o seu soño máis prezado, e que se estableceu en 1928 e celebrouse, en 1930, no Uruguai, país que quedou campión. En 1946, no congreso de Luxemburgo, o seu nome denominou oficialmente a Copa até 1970. Logo en 1954 foi nomeado presidente honorífico da FIFA, tras cumprir o seu período de mandato como presidente, á idade de 81 anos. Ao ano seguinte foi nomeado para o Premio Nobel da Paz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy