Karimun
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Riau | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Karimun, Indonesia | ||||
| |||||
Bañado por | Estreito de Malaca | ||||
Características | |||||
Altitude | 14 m | ||||
Superficie | 1.524 km² | ||||
Great Karimun (Karimun Besar en indonesio) ou só Karimun é unha das illas da provincia das Illas Riau no oeste de Indonesia[1] organizada administrativamente como un kabupaten, forma a Rexencia de Karimun. Está situada a 37 km ao suroeste de Singapur e 54 km. ao oeste de Batam. A principal cidade da illa é Tanjung Balai Karimun. en 1997, estímase que a illa tiña unha poboación de 155.000 persoas, roldando actualmente os 174.784 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]No pasado, Karimun foi un destino de comerciantes estranxeiros e dos reis malaios. Crese que o explorador Stamford Raffles considerara á illa Karimun para establecer un asentamento en lugar do que finalmente estableceu na illa de Singapur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade principal da illa é Tanjung Balai Karimun. En 2011, a rexencia de Karimun tiña unha poboación de 272.985 coa maioría das persoas vivindo en Gran Karimun. Os lugares destacados da illa inclúen o Mount Jantan, as praias de Pelawan e Pongkar e a cascada de Pongkar.
Economía
[editar | editar a fonte]A illa ten unha importancia xeográfica estratéxica, xa que está cerca do Estreito de Malaca, unha ruta marítima internacional. Como a illa está estratexicamente situada na fronteira de Singapur e Johor (en Malaisia), Karimun que forma parte das illas Riau tamén se inclúe na sociedade SIJORI triángulo de crecemento. SIJORI (Singapur-Johor-Riau) Triángulo de Crecemento é unha asociación estratéxica entre Singapur, Johor e as Illas Riau que combinan a forza individual e colectiva para mellorar o atractivo da subrexión para investidores da rexión e internacionais. SIJORI vincula a infraestrutura, o capital, a experiencia e a rica cultura de Singapur cos recursos naturais, as terras e os recursos laborais das Illas Johor e Riau.
Con todo, debido aos lazos máis fortes entre Singapur e Malaisia, Karimun está perdendo a súa atracción económica aos investimentos de Singapur. Outra razón da perda de atractivo é a falta de infraestrutura adecuada en Karimun, especialmente o fornezo de electricidade e a falta de transparencia na administración pública.
Recursos naturais
[editar | editar a fonte]Debido á grande actividade de pesca artesanal indiscriminada preto da illa ata hai pouco, as poboacións de peces esgotáronse, polo que as empresas de pesca diminuíron a súa actividade considerablemente. A principal exportación da illa é o seu granito que é un do de mellor calidade no mundo.
Tamén exportouse area constantemente, principalmente a Singapur para o aumento da súa superficie de terra. Con todo, Indonesia limitou as exportacións de area por preocupacións cos proxectos de reclamación de Singapur, e prohibiunos totalmente a comezos de 2007. Singapur agora enfronta unha crise con moitos desenvolvementos de edificios próximos.
Zona de Libre Comercio
[editar | editar a fonte]O 29 de xuño de 2007, o goberno de Indonesia declaro á illa como a «Zona Franca de Karimun», unha medida destinada a abordar a cuestión da seguridade xurídica para os investidores. A lei con todo aínda se estaba debatendo no Parlamento e esperábase que fose aprobado a principios de 2008.
No marco do plan de Karimun pretenderse converter á rexión en estaleiro, produtora de metal, de compoñentes, produtora agrícola, industrial e mariña.
Isto está en consonancia co establecemento da «Zona Especial de Economía da Provincia das Illas Riau de Batam, Bintan e Karimun» (BBK).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karimun |