Saltar ao contido

Karl Liebknecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Liebknecht

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karl Paul August Friedrich Liebknecht Editar o valor en Wikidata
13 de agosto de 1871 Editar o valor en Wikidata
Leipzig, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaThe Socialists' Memorial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Member of the Reichstag of the German Empire (en) Traducir
1912 – 1916
Member of the Prussian House of Representatives (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Frederico Guillerme de Berlín (1890–)
Universidade de Leipzig - ciencias do dereito, cameralism (en) Traducir (1890–)
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Würzburg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, revolucionario, avogado, editor literario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña (1918–)
Liga Espartaquista (1916–1918)
Partido Socialdemócrata de Alemaña (1900–1916) Editar o valor en Wikidata
MovementoMarxismo e antimilitarismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarGarde-Pionier-Bataillon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalRosa Luxemburg (1918–) Editar o valor en Wikidata
Participou en
xaneiro de 1919Levante Espartaquista (pt) Traducir
4 de novembro de 1918Revolución de Novembro Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
CónxuxeSophie Liebknecht (1912–) Editar o valor en Wikidata
FillosRobert Liebknecht Editar o valor en Wikidata
PaiWilhelm Liebknecht Editar o valor en Wikidata
IrmánsOtto Liebknecht
Theodor Liebknecht Editar o valor en Wikidata
Condenado poralta traición (1907)
→ (Freiheitsstrafe (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña naziobra Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Либкнехт Карл)
Obálky knih,
Enciclopedia Británica de 1922 Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0509474 BNE: XX886413 WikiTree: Liebknecht-2 Find a Grave: 8113049 Editar o valor en Wikidata

Karl Liebknecht, nado en Leipzig o 13 de agosto de 1871 e finado en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi un socialista alemán, fundador do Partido Comunista Alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), Wilhelm Liebknecht, críase na miseria a causa do encarceramento do seu pai. As reformas sociais de Bismarck afectárono cando aínda andaba na escola.

Máis tarde comezaría a estudar Filosofìa, Economía, Historia e Dereito na súa cidade natal ata que a súa familia mudou para Berlín, onde contiuou os seus estudos. Entre 1883-1884 foi recrutado. Logo presentaría a súa tese doutoral en Dereito. A avogacía foi a súa primeira profesión: abriu un despacho para defender socialdemócratas e recrutas maltratados polo réxime monárquico.

Continua a súa actividade política desde o SPD e escribindo libros contra o Exército. Precisamente a súa obra "Militarismo e Antimilitarismo" (1907) cústalle un ano e medio de cadea. Defendeuse a si mesmo no caso, gañando dese xeito moita popularidade ata o punto de que foi elixido deputado do parlamento de Prusia.

Durante a primeira guerra mundial desmarcouse da liña oficial do seu partido, que apoia no parlamento a aprobación dos créditos de guerra (que serán aprobados), declarándose publicamente contrario á guerra . Porén foi enviado á fronte o ano 1915 (a pesar da súa inmunidade parlamentaria), vivindo, polo tanto, moi de preto a contenda. Un ano despois, con outros membros do SPD, condenan a guerra, sendo expulsados do partido. Proseguiu, logo de volver da fronte, co seu activismo antibelicista, encabezando unha manifestación. Isto tróuxolle unha condena de catro anos de cárcere. Os opositores á guerra, entre os que destaca Rosa Luxemburg, crean Spartakusbund (Liga Espartaquista), o 1 de xaneiro de 1916, para agrupar os disidentes do SPD.

Karl Liebknecht é liberado da prisión logo da revolución de outubro de 1918, a Revolución alemá, que marcará o fin da guerra e o comezo da Alemaña republicana. O 7 de xaneiro de 1919 os espartaquistas tentan organizar un Comité Militar Revolucionaro, ao estilo ruso, pero non hai detrás sóviets. O 13 de xaneiro, un destacamento dos "Corpos Libres" (Freikorps), organizados polo ministro de Defensa, Noke, detivérono. Dous días despois é asasinado xunto a Rosa Luxemburg e Leo Jogiches en aplicación da "lei de fugas".

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy