Saltar ao contido

Ken Saro-Wiwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKen Saro-Wiwa

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Ken Saro-Wiwa
(ig) Ken Saro-Wiwa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Bori (Nixeria colonial) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Port Harcourt, Nixeria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Port Harcourt Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Ibadan
Government College Umuahia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcoloxista, escritor, poeta, activista e produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, activista, ecoloxista, guionista, poeta, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lagos Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEcoloxismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosKen Wiwa, Noo Saro-Wiwa, Zina Saro-Wiwa Editar o valor en Wikidata
PaiJim Wiwa Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3167978 WikiTree: Saro-Wiwa-1 Editar o valor en Wikidata

Kenule Beeson Saro-Wiwa, nado o 10 de outubro de 1941 e finado o 10 de novembro de 1995, foi un autor, produtor de televisión e activista nixeriano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ken Saro-Wiwa era un home de paz, un gran defensor dos dereitos humanos. Loitou de forma non-violenta pola dignidade dos pobos do Delta do Níxer. Concedéronlle o premio alternativo ao Nobel da Paz en 1994 polo "correcto modo de vivir" e Amnistía Internacional outorgoulle o estatuto de preso de conciencia. En 1995 galardoárono pola defensa do Medio Ambiente.

Preocupábao moito a situación de precariedade do seu pobo debido ás extraccións de petróleo que se estaban realizando na zona, contaminando e pondo en perigo o ecosistema, empobrecendo e reducindo as terras cultivábeis. En 1990 fundou o Movemento para a Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP), desde o cal reclamaban: autonomía política, participación nas riquezas petroleiras extraídas das súas terras e o dereito a controlar o seu contorno ecolóxico. Saro-Wiwa foi o seu voceiro.

Aproveitando a súa sona de escritor e das súas relacións con outros autores quixo atraer a atención do mundo sobre a situación do pobo Ogoni. Denunciou o goberno e a compañía petrolífera Shell de seren os culpábeis da destrución do ecosistema da rexión, reclamándolle á Shell indemnizacións. Isto causoulle conflitos co goberno e coa Shell, sendo encarcerado en varias ocasións.

En 1994 asasinan nunha manifestación na rúa catro xefes Ogoni. Saro-Wiwa é arrestado de novo, xunto con oito compañeiros culpados por incitación á violencia. Xulgouno un tribunal militar especial, e foi acusado de complicidade neses asasinatos sen posibilidade de defensa. Sentenciárono a morte e posteriormente aforcárono o 10 de novembro de 1995 en Port Hacourt cos seus compañeiros Ogoni.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy