Saltar ao contido

Khlong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khlong na provincia de Ratchaburi, con tendas flotantes.

Un khlong (en tailandés: คลอง) é a denominación que reciben as canles fluviais, naturais e artificiais, que percorren a chaira central da Tailandia, formados principalmente polos ríos Chao Phraya, Ta Chin e Mae Klong. A palabra tamén se aplica a moitos ríos pequenos, denominados coa palabra khlong seguido do seu nome propio.

A capital, Bangkok, está atravesada por multitude de khlongs, denominándose por isto "A Venecia do Leste". Os khlongs empréganse para o transporte, para a instalación de tendas e comercios flotantes, como tamén como lugares onde se depositan as augas residuais e outros refugallos. Convertéronse, co paso do tempo, en rúas, se ben na zona de Thonburi, en Bangkok, consérvanse algúns dos máis grandes. Na zona central da capital atópase o Khlong Saen Saeb, que serve como rota fluvial de grande importancia no transporte público de Tailandia. Os tradicionais establecementos flotantes existen agora só para a atracción turística, sendo os máis coñecidos os do amphoe de Damnoen Saduak, na provincia Ratchaburi.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy