Saltar ao contido

Kopi Luwak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Kopi Luwak ou café de civeta é o café obtido de grans que, tras seren inxeridos polo devandito animal, pasan polo seu tracto intestinal e son expulsados entre os seus excrementos. Estes vivérridos énchense de froitos maduros de café e expulsan o gran parcialmente dixerido.

Características

[editar | editar a fonte]

As civetas moran nas illas de Sumatra, Xava e Célebes, no arquipélago de Indonesia, en Filipinas (alí o produto coñécese por Kape Alamid), Vietnam e algúns estados produtores de café do sur da India. O café de Vietnam é lixeiramente diferente xa que en realidade alí o animal que realiza o proceso é unha donicela, e os grans de café son da variedade robusta.

O café de civeta é a variedade máis cara actualmente, sendo o seu prezo orientativo duns 900 /kg. Véndese principalmente no Xapón e nos Estados Unidos, mais o seu consumo estase a estender e xa é posible atopalo en moitos outros lugares aínda que en cantidades limitadas.

Kopi é a palabra indonesia para café, e luwak é o nome local que recibe a civeta. Os froitos vermellos de café son parte natural da súa dieta, así como de insectos, pequenos mamíferos e outras froitas. O gran interno do café non é dixerido, pero parece ser que si é modificado quimicamente polas encimas presentes no estómago da civeta, que engaden sabor ao café rompendo as proteínas que producen o seu amargor.

Os grans son excretados aínda cubertos polas capas internas do froito, recolleitos polos habitantes do lugar e logo vendidos aos distribuidores. Os grans lávanse e tórranse só lixeiramente, para non estragar os complexos sabores desenvolvidos durante o proceso.

Dende 1996 existe un proceso industrial polo que se obtén un café semellante ao Kopi Luwak a un custo moito menor.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy