Langøya
Aparencia
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Vesterålen (pt) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Vesterålen (pt) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Bø i Vesterålen, Noruega (pt) , Hadsel, Noruega (pt) , Sortland, Noruega (pt) e Øksnes, Noruega (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Noruega | ||||
Características | |||||
Altitude | 763 m | ||||
Dimensións | 40 () × 50 () km | ||||
Punto máis alto | Snøkolla (en) (763 m ) | ||||
Superficie | 860 km² | ||||
Langøya é a terceira illa máis grande de Noruega (agás Svalbard), cunha superficie de 850´2 km². A illa forma parte do arquipélago Vesterålen e está situada no condado de Nordland. A illa inclúe os municipios de Bø e Øksnes así como partes dos municipios de Sortland e Hadsel.
A grande illa Hinnøya atópase ao leste (no outro lado do Sortlandssundet). A illa de Andøya atópase ao nordés. A pequena illa Skogsøya atópase ao noroeste. A illa Hadseløya atópase ao sur. Hai varios lagos na illa incluíndo Alsvågvatnet. O Eidsfjorden divide a illa case pola metade. A illa ten dúas pontes que a conectan con Hadseløya e Hinnøya a través da ponte de Hadsel e da ponte de Sortland.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
a escarpada parte occidental de Langøya preto de Nykvåg.
-
Lifjorden; moitos pequenos fiordes parten Langøya
-
Vista preto de Frøskeland
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Store norske leksikon. "Langøya – øy i Nordland" (en Norwegian). Consultado o 2012-07-30.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Langøya |