Saltar ao contido

Latina, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLatina, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°24′09″N 3°44′29″O / 40.402461, -3.741294
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación241.672 (2023) Editar o valor en Wikidata (9.504,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie25,427203015403 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Manzanares Editar o valor en Wikidata
Altitude652 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoXunta Municipal do Distrito de Latina Editar o valor en Wikidata
• Concelleiro presidente Editar o valor en WikidataAlberto González Díaz (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28024, 28011, 28047, 28044 e 28054 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmadrid.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454246

Latina[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no suroeste da cidade.

Limita polo norte co concello de Pozuelo de Alarcón e o distrito de Moncloa-Aravaca, polo leste cos distritos de Arganzuela e Carabanchel, polo sur co concello de Leganés, polo oeste co concello de Alcorcón. Ten unha superficie de 25,43 km² e conta con 241.672 habitantes no ano 2023.[2] A primeira organización da división administrativa de Madrid aprobou en 1898, co cambio dos cuarteis aos distritos administrativos, un destes distritos, esta Latina.[3]

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

Nun onte non moi afastado era o cruzamento de camiños imposto pola proximidade dos Pontes de Toledo e de Segovia no que se unían a Estrada de Estremadura, chamada ata o século XVII Camiño de Móstoles ou Camiño de Alcorcón, que á súa vez recollía o Camiño de Húmera, o de Aravaca e o de San Isidro.

A partir de 1880 constrúense edificacións ao redor da Estrada de Estremadura ata enlazar cos Carabancheles; os Sacramentales impediron durante algún tempo o engarce co barrio que xurdira alén do Puente de Toledo. A poboación áchase distribuída en zonas diferenciadas que foron crecendo vertiginosamente a medida que melloraban os servizos e os accesos ao centro da cidade.

Teñen máis raizame os barrios da Puerta del Ángel, onde se achaba a Quinta del Sordo, e polo seu carácter militar os de Campamento e Cuatro Vientos. Os catro barrios restantes créanse a partir de mediados do século XX.

Dentro do distrito achábase a estación de Goya, de onde partía o ferrocarril que ía a Villa del Prado e Almorox (provincia de Toledo).

O Parque de Aluche, tamén denominado Parque de Arias Navarro en recordo do seu fundador e alcalde, foi construído en 1972 e esténdese a ambos os dous lados da rúa Illescas. Un arroio artificial, por onde pasa o Luche, de tanta importancia toponímica, percorre unha parte do mesmo, deixando ao seu paso zonas verdes e espazos arborizados.[4]

Este distrito está dividido en sete barrios:[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy