Saltar ao contido

Leo Beenhakker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeo Beenhakker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Rotterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua neerlandesa, lingua inglesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, lingua castelá e lingua polaca Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- XerxesDZB (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3971579 Editar o valor en Wikidata

Leo Beenhakker, nado en Rotterdam o 2 de agosto de 1942) é un exadestrador de fútbol neerlandés. Nos seus máis de 40 anos de adestrador dirixiu numerosos clubs e seleccións de diferentes países. No seu país natal gañou tres veces a Eredivisie, co Ajax e co Feyenoord, mentres que co Real Madrid conquistou tres ligas españolas consecutivas, así como unha Copa do Rei.

A nivel internacional dirixiu a selección dos Países Baixos e conseguiu clasificar a Trindad e Tobago para o Mundial de 2006 e a Polonia para a Eurocopa de 2008, sendo as primeiras participacións da historia desas seleccións en ditos torneos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras adestrar varios equipos e gañar unha liga neerlandesa co Ajax, colleu en 1985 as rendas da selección dos Países Baixos, ás que dirixiu ata 1986. A continuación fichou polo Real Madrid, club no que obtivo os seus maiores éxitos, gañando tres veces consecutivas o campionato de Primeira División e unha a Copa do Rei. Posteriormente gañou outras dúas veces a Eredivisie, unha co Ajax e outra co Feyenoord.

Pasou tamén por outros moitos clubs de diferentes países como o Grasshoppers, o América, o İstanbulspor, o Guadalajara ou o Vitesse, e polas seleccións de Arabia Saudita, Polonia e Trinidad e Tobago. Dirixiu o combinado neerlandés no Mundial de 1990 en Italia, acadando os oitavos de final, onde o equipo caeu eliminado diante da selección da RFA. Adestrou a Trinidad e Tobago no ano previo ao Mundial de 2006 e logrou a clasificación para o torneo por primeira vez na historia do país. A continuación foi durante tres anos seleccionador de Polonia, conseguindo meter o equipo na primeira Eurocopa da súa historia. O 20 de febreiro de 2008 foi condecorado coa Orde de Polonia Restituta polo presidente do país, Lech Kaczyński. Con todo, foi despedido despois de non se clasificar para o Mundial de 2010.[1]

Nos seus últimos anos no mundo do fútbol exerceu como director deportivo de varios equipos, o último deles o Sparta Rotterdam ata 2018.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ajax
Real Madrid
Feyenoord
  1. "Poland dismiss coach Beenhakker". BBC (en inglés). 10 de setembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy