Leonhard Hess Stejneger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1851 Bergen, Noruega |
Morte | 28 de febreiro de 1943 (91 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Formación profesional | Filosofía, doutor en Dereito |
Educación | Universidade de Oslo |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | biólogo, biógrafo, ornitólogo, zoólogo, herpetólogo |
Empregador | Instituto Smithsoniano |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Doris Mable Cochran |
Abreviatura do autor en zooloxía | Stejneger |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Steineger (1876–1881) |
Irmáns | Agnes Steineger Thora Stejneger |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Leonhard Hess Stejneger, nado o 30 de outubro de 1851 en Bergen, e finado o 28 de febreiro de 1943 en Washington, foi un zoólogo noruegués nacionalizado estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Stejneger naceu en Bergen (Noruega) e estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Oslo (daquela, chamada Kristiania). Obtivo o doutoramento, e comezouó unha breve carreira como avogado. Porén, os seus intereses como naturalista prevaleceron.
En 1881 foi aos Estados Unidos e comezou a traballar no Instituto Smithsoniano baixo a dirección de Spencer Fullerton Baird.
Participou en numerosas expedicións ao norte do subcontinente norteamericano. De 1882 a 1883 enviárono a unha misión de exploración á illa de Bering e a Kamchatka. En 1895 foi ás illlas do Comandante a estudar otáridos, por conta da U.S. Fish Commission (o ministerio estadounidense de Pesca). Regresou por segunda vez en 1922.
Fixo carreira no Smithsoniano. En 1884 foi conservador auxiliar de aves; en 1889, conservador de réptiles; en 1899, conservador de réptiles e anfibios, e desde 1911, conservador de bioloxía, posto que ocupou até a súa morte, a que quedara exento da xubilación por decreto presidencial.
Publicou máis de 400 traballos científicos sobre aves, réptiles, focas, e herpetoloxía de Porto Rico, entre outros temas.
Durante a súa viaxe á illa de Bering quedou fascinado pola vida de Georg Wilhelm Steller, un naturalista do século XVIII que, antes ca el, visitara a illa. Investigou a vida de Steller durante varias décadas, que culminou na súa única publicación non técnica, unha biografía de Steller.
Publicacións principais
[editar | editar a fonte]- Results of Ornithological Explorations in the Commander Islands and in Kamtschatka (1885)
- Birds of Kauai Island, Hawaiian Archipelago / collected by Mr. Valdemar Knudsen, with description of new species (1887)
- Notes on a third collection of birds made in Kauai, Hawaiian Islands (1890)
- The Poisonous Snakes of North America (1895)
- The Russian Fur-Seal Islands (1896)
- Herpetology of Porto Rico (1904)
- Herpetology of Japan and Adjacent Territories (1907)
- A new Gerrhonotine Lizard from Costa Rica (1907)
- Three new species of lizards from the Philippine Islands (1908)
- A new genus and species of lizard from Florida (1911)
- A new Scincid Lizard from the Philippine Islands (1911)
- Results of the Yale Peruvian Expedition of 1911. Batrachians and Reptiles (1913)
- A Check List of North American Amphibians and Reptiles [con Thomas Barbour] (1917)
- A chapter in the history of zoological nomenclature (1924)
- Fur-seal industry of the Commander Islands: 1897-1922 (1925)
- Identity of Hallowell's snake genera, Megalops and Aepidea (1927)
- The Chinese lizards of the genus Gekko (1934)
- Georg Wilhelm Steller, the pioneer of Alaskan natural history (1936)
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Stejneger emprégase para recoñecer a Leonhard Hess Stejneger como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wetmore, Alexander (1945): "Leonhard Hess Stejneger (1851-1943)". Biographical Memoir. Nat. Acad. Sci. Vol. 24.