Saltar ao contido

Life with Father

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Life with Father
Título orixinalLife with Father
OrixeEstados Unidos de América
Xénero(s)cinema de comedia e filme biográfico
Data de pub.1947
Na rede
IMDB: tt0039566 Filmaffinity: 772709 Allocine: 64456 Rottentomatoes: m/life_with_father Allmovie: v29266 TCM: 24789 Netlix: 699719 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Life with Father é un libro humorístico autobiográfico escrito en 1936 por Clarence Day, Jr. Foi adaptado ó teatro por Lindsay e Crouse e representado en Broadway en 1939. En 1947 foi convertido en filme e en 1953 nunha serie de televisión.

Clarence Day escribiu este libro sobre a súa vida e a súa familia en clave de humor. As historias de seu pai, Clarence Day Sr, "Clare", contadas con ironía afectuosa, están tomadas de The New Yorker. Representan a clase media neoiorquina da década de 1890.

A obra teatral

[editar | editar a fonte]

A obra de Broadway de 1939 permaneceu en escena durante sete anos, converténdose na peza teatral non musical que máis tempo aguantou en cartel en toda a historia teatral neoiorquina, un récord que aínda mantén hoxe en día. Abriu no Empire Theatre o 8 de novembro de 1939 e resistiu ata o 8 de setembro de 1945. Continuou representándose en Broadway ata o 12 de xullo de 1947 e pechou despois de 3.224 funcións. Actuaban, entre outros, o propio Lindsay, a súa muller Dorothy Stickney, e Teresa Wright. A acción transcorre nunha estancia da casa dos Day en Madison Square nos anos oitenta do século XIX.

A película de 1947, unha comedia cinematográfica, conta a verdadeira historia dun stockbroker que quere ser o xefe e señor da súa casa pero que se encontra con que a súa muller e os fillos o ignoran ata que comezan a esixirlle que cambie de vida. Tal e como se representa na autobiografía todos os nenos da familia son rubios excepto a prima representada por Elizabeth Taylor. Acompáñana William Powell, Irene Dunne, Taylor, Edmund Gwenn, Zasu Pitts, Jimmy Lydon e Martin Milner.

O filme foi adaptado por Donald Ogden Stewart a partir da obra teatral de Howard Lindsay e Russel Crouse, baseada no libro de Clarence Day, Jr.. Foi dirixida por Michael Curtiz e nomeada nos Premios da Academia polo mellor actor principal (William Powell), pola mellor dirección artística, pola mellor cinematografía en cor e pola mellor partitura musical dun filme cómico ou dramático.

A serie de televisión

[editar | editar a fonte]

Life With Father (A vida con papá) foi convertida nunha serie de televisión en 1953, con Leon Ames e Lurene Tuttle como protagonistas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

C. Otis Skinner, 1976, Life With Lindsay and Crouse. Boston: Houghton, Mifflin & Co.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy