Saltar ao contido

Linfocito B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Activación de linfocitos B.
Interacción linfocito Th2 e linfocito B.

O linfocito B ou célula B é un dos compoñentes celulares do sistema inmune. O seu obxectivo é o de xerar inmunoglobulinas. Son os responsables da inmunidade humoral. Sofren dous procesos de maduración e diferenciación. O primeiro ocorre na medula ósea, no que non se expón a antíxenos. Por iso é denominada fase antíxeno-independente. O segundo proceso de maduración ocorre no ganglio linfático (fase antíxeno-dependente). Nesta segunda etapa o linfocito B diferénciase a outros tipos celulares, célula plasmática e célula B de memoria.

Maduración antíxeno-independente

[editar | editar a fonte]

É a fase que ocorre na medula ósea. Aquí prodúcense todas as células hemáticas do organismo (índa que en etapas fetais e baixo certas circunstancias, tamén pode haber hematopoese no fígado e no bazo). No caso das células B xorde un proxenitor linfoide. Unha serie de proxenitores linfoides migran ás zonas B da medula ósea e dan lugar ós precursores de linfocitos B.

Nestas áreas, os proxenitores de células B póñense en contacto con células estromais da medula. Reciben sinais de VLA-4 e VCAM. A interacción con estes sinais produce que a célula B exprese o receptor c-Kit. Este receptor liga SCF (stem cell factor) e fai que a célula B exprese o receptor de interleucina-7 (IL-7). A IL-7 é secretada polas células estromais da medula. Isto provoca a proliferación e diferenciación dos linfocitos B.

Despois deste proceso, o linfocito B sae da medula e ponse en circulación, chegando ao ganglio linfático. Aínda non é funcional.

Maduración antíxeno-dependente

[editar | editar a fonte]

Ocorre no ganglio linfático. Ata aquí chega o linfocito B. Diríxese cara ao centro folicular do ganglio, esperando o contacto cun antíxeno esóxeno. A estes linfocitos pódeselles denominar centrocitos. O contacto cun antíxeno endóxeno provoca a apoptose inmediata do linfocito B. Nestes momentos a célula B está preparada para o contacto co antíxeno.

Activación do linfocito B

[editar | editar a fonte]

Este proceso sucede no ganglio linfático. A interacción só se debe producir con antíxenos esóxenos. Esta interacción depende da natureza do antíxeno:

Tras esta interacción, o linfocito B libera as inmunoglobulinas de membrana (inmunoglobulinas de baixa afinidade). É a resposta primaria. Días máis tarde ocorre un segundo contacto, a resposta secundaria. Nesta segunda resposta xéranse dúas estirpes de linfocitos B:

    • Linfocitos B efectores ou células plasmáticas: Estas células plasmáticas secretan inmunoglobulinas de alta afinidade.
    • Linfocitos B de memoria: Serán a base das vacinas e da resistencia ás infeccións.
  • Antíxeno non proteico ou timo-independente: É presentado por un macrófago ou outra célula inmunitaria, agás os linfocitos. Estes antíxenos poden ser lipopolisacáridos ou outras substancias. Interaccionan cos receptores de células B e coa anafilotoxina C3b, obtida durante a activación do complemento. A resposta primaria e secundaria é similar á anteriormente descrita.
Célula plasmática

Receptores de linfocito B

[editar | editar a fonte]

Son denominados BCR (B-cell receptor). En realidade son inmunoglobulinas, fundamentalmente os subtipos M e D. As IgM e IgD áchanse unidas á membrana celular polo extremo C-terminal. A través do extremo N-terminal únense aos antíxenos proteicos. Outras partes das inmunoglobulinas poden interactuar con antíxenos non-proteicos, colaborando co C3b. Durante a resposta primaria son expulsadas da membrana.

Linfocitos B de memoria

[editar | editar a fonte]

Son a base da resistencia e das vacinas. Son unha estirpe celular derivada do linfocito B. O que ocorre con elas é que non secretan inmunoglobulinas de alta afinidade durante a resposta secundaria. Permancen no ganglio preparadas para unha nova infección. Deste xeito, cando o patóxeno volve invadir o organismo, estas células de memoria reaccionan axiña e liberan rapidamente esas inmunoglobulinas altamente específicas.

Nas vacinas, introdúcese o mecrobio atenuado, morto ou só unha parte del. Entón, o sistema inmune detecta a súa presenza e prepárase para combatelo. Parte dos linfocitos B diferénciase a linfocito B de memoria. Como curiosidade, a primeira vacina procedía do leite de vacas enfermas de variola. Ao consumir este leite contaminado, o individuo volvíase resistente parcialmente á variola humana.

Estes linfocitos B poden vivir anos, pero acaban morrendo. Por iso existen os reforzos das vacinas, como a do tétano.

Apoptose de linfocitos B

[editar | editar a fonte]

Durante a maduración destas células carrea numerosas apoptoses por circunstancias varias:

  • Contacto con antíxenos endóxenos, evitando así problemas de autoinmunidade
  • Os linfocitos B que secretan inmunoglobulinas pouco específicas sofren apoptose.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy