Lingua huna
Huno | ||
---|---|---|
Falado en: | Imperio Huno | |
Extinción: | século VII | |
Familia: | Sen clasificar Huno | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xhc
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua huna[1] era a lingua falada polo hunos, unha confederación tribal heteroxénea que invadiu Europa Oriental e Central, e gobernou a maioría da chaira panónica durante os séculos IV e V. Dentro do Imperio Huno falábanse unha gran variedade de linguas.[2] Un informe contemporáneo de Prisco de Panio afirmaba que o huno se falaba xunto ao gótico e as linguas doutras tribos sometidas polos hunos.[3]
Como non se conservan inscricións ou frases enteiras na lingua huna, o corpus testemuñado é moi limitado, composto case na súa totalidade por nomes propios en fontes gregas e latinas.[4]
Orixe
[editar | editar a fonte]Hipótese turca
[editar | editar a fonte]A lingua huna non se pode clasificar no presente,[5][6] pero debido á orixe destes nomes propios comparouse principalmente coas linguas turcas,[6][7] as linguas mongólicas, as linguas iranias orientais e as linguas ieniseianas,[8] cunha maioría de estudosos apoiando a tese turca.[9] Estes considerána como unha lingua relacionada coa lingua turca falada polos antigos búlgaros e co chuvaxo moderno. Hoxe, todas estas linguas clasifícanse, xunto co khazar e o ávaro-turco, como membros da póla ogúrica das linguas turcas.
Esta teoría de que o huno pertence á póla ogúrica deriva da identificación dalgúns dos nomes hunos como turcos; algúns rexistrados na escasa literatura supervivente e outros de artefactos recuperados polos arqueólogos.[10] Mais esta teoría tamén ten algúns problemas. Así, palabras como medos, kamos, strava e, posiblemente, cucurun que non parecen ser turcas[11] foron estudadas durante máis de século e medio, e ningún intento de conectalas co resto dos nomes de ningún grupo lingüístico coñecido ten conseguido un consenso académico. Igualmente, a inscrición na placa de Khan Diggiz interpretouse como unha forma turca do nome Dengizik, coñecido como o rei huno, fillo de Atila. Esta conclusión baséase no razoamento de que o vocabulario coñecido da lingua huna indica que pertence ao tipo r- e l- das linguas turcas e que a migración dos hunos foi a responsable da aparición desta lingua en Occidente. Este caso das linguas tipo r- e l- (turco "lir") só se observa actualmente en lingua chuvaxa, o único membro da rama turca ogúrica que non desapareceu. As outras linguas turcas ("turco común" ou "shaz"-túrquico) son de tipo z- y š-.
Hipótese ieniseiana
[editar | editar a fonte]Outros académicos, en particular Lajos Ligeti (1950/51) e Edwin G. Pulleyblank (1962), afirmaron que as linguas de Siberia, especialmente a lingua keta, membro das linguas ieniseianas, puideron ser (ou quizais foron) unha parte importante (ou talvez o núcleo lingüístico) das linguas xiongnu e huna.[12][8] Vajda (et al. 2013) propuxo que a elite gobernante huna falaba unha lingua yeniseiana e influíu noutras linguas da rexión.[8]
Porén, outros estudosos consideran que a evidencia dispoñible non é concluínte e, polo tanto, a lingua huna é inclasificable.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para huno.
- ↑ Maenchen-Helfen 1973, p. 377.
- ↑ Maenchen-Helfen 1973, p. 382.
- ↑ Maenchen-Helfen 1973, p. 376.
- ↑ Sinor 1990, p. 201.
- ↑ 6,0 6,1 Pronk-Tiethoff 2013, p. 58.
- ↑ Kim 2013, p. 30.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Vajda, 2013, pp. 4, 14, 48, 103–6, 108–9, 130–1, 135–6, 182, 204, 263, 286, 310.
- ↑ Savelyev & Jeong 2020.
- ↑ Pritsak 1982, pp. 428-476.
- ↑ Maenchen-Helfen, 1973 & Language of Huns. Chapter IX. Language.
- ↑ Pulleyblank 1962.
- ↑ Doerfer 1973, p. 50; Golden 1992, pp. 88-89; Sinor 1997, p. 336; Róna-Tas 1999, p. 208.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua huna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atwood, Christopher P. (2012). "Huns and Xiōngnú: New Thoughts on an Old Problem". En Boeck, Brian J.; Martin, Russell E.; Rowland, Daniel. Dubitando: Studies in History and Culture in Honor of Donald Ostrowski. Cambridge University Press. pp. 27–52. ISBN 978-0-8-9357-404-8.
- Doerfer, Gerhard (1973). "Zur Sprache der Hunnen". Central Asiatic Journal 17 (1): 1–50.
- Golden, Peter B. (2006). "Some Thoughts on the Origins of the Turks and the Shaping of the Turkic Peoples". En Mair, Victor H. Contact and Exchange in the Ancient World. Honolulu: University of Hawai'i Press. pp. 136–157.
- Heather, Peter (1995). "The Huns and the End of the Roman Empire in Western Europe". English Historical Review 90 (435): 4–41. doi:10.1093/ehr/CX.435.4.
- Heather, Peter (2010). Empires and Barbarians: The Fall of Rome and the Birth of Europe. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-973560-0.
- Heather, Peter (2005). The fall of the Roman Empire : a new history of Rome and the barbarians. New York: Oxford University Press. pp. 146–167. ISBN 978-0-19-515954-7.
- Hyun Jin Kim (2013). The Huns, Rome and the Birth of Europe. Cambridge University Press. ISBN 9781107009066.
- Kim, Hyun Jin (2015). The Huns (en inglés). Routledge. ISBN 9781138841758.
- Maenchen-Helfen, Otto J. (1973). The World of the Huns: Studies in Their History and Culture. University of California Press. ISBN 9780520015968.
- Maenchen-Helfen, Otto J. (1945). "Huns and Hsiung-Nu". Byzantion 17: 222–243.
- Menges, Karl Heinrich (1995). The Turkic Languages and Peoples: An Introduction to Turkic Studies. Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-03533-0.
- Pohl, Walter (1999). "Huns". En Bowersock, G. W.; Brown, Peter; Grabar, Oleg. Late Antiquity: A Guide to the Postclassical World. The Belknap Press of Harvard University Press. pp. 501–502. ISBN 978-0-674-51173-6.
- Pritsak, Omeljan (1982). "The Hunnic Language of the Attila Clan" (PDF). Harvard Ukrainian Studies (Cambridge, Massachusetts: Harvard Ukrainian Research Institute) IV (4). ISSN 0363-5570. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-12-13. Consultado o 2015-11-22.
- Pronk-Tiethoff, Saskia (2013). The Germanic loanwords in Proto-Slavic. Rodopi. ISBN 9789401209847.
- Pulleyblank, Edwin G. (1962). Institute of History and Philology, Academia Sinica, ed. "The consonontal system of old Chinese" (PDF). Asia Major (en inglés) (Taipei). IX (parte 1-2): 58–144. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2023. Consultado o 28 de marzo de 2023.
- Róna-Tas, András (1999). Hungarians and Europe in the Early Middle Ages: An Introduction to Early Hungarian History. Budapest: Central European University Press.
- Savelyev, Alexander; Jeong, Choongwon (2020). "Early nomads of the Eastern Steppe and their tentative connections in the West". Evolutionary Human Sciences (Cambridge University Press (CUP)) 2. ISSN 2513-843X. PMC 7612788. doi:10.1017/ehs.2020.18.
- Sinor, Denis (1990). "The Hun Period". En Sinor, Denis. The Cambridge history of early Inner Asia (1. publ. ed.). Cambridge [u.a.]: Cambridge Univ. Press. pp. 177–203. ISBN 9780521243049.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths. University of California Press. ISBN 978-0-5200-6983-1.
- Wolfram, Herwig (1997). The Roman Empire and Its Germanic Peoples. University of California Press. p. 142. ISBN 978-0-5200-8511-4.
- Vajda, Edward J. (2013). Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Oxford/New York: Routledge. ISBN 9781138862401
- Wright, David Curtis (1997). "The Hsiung-Nu-Hun Equation Revisited". Eurasian Studies Yearbook 69: 77–112.