Lionor de Viseu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1458 Beja, Portugal |
Morte | 17 de novembro de 1525 (67 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Igrexa da Nai de Deus |
Raíña de Portugal | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Raíña de Portugal |
Familia | Dinastía de Avis |
Cónxuxe | Xoán II de Portugal (1471 (Gregoriano)–) |
Fillos | Afonso de Portugal |
Pais | Fernando de Portugal e Beatriz de Portugal |
Irmáns | Sabela de Viseu Manuel I de Portugal Xoán I de Viseu Diego I de Viseu |
Lionor de Viseu,[1] nada en Beja no 2 de maio de 1458 e finada en Lisboa no 17 de novembro de 1525, foi infanta de Portugal e raíña consorte de Portugal entre 1481 e 1495.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla do infante Fernando de Portugal, Duque de Viseu, e da infanta Beatriz de Aveiro.[2] Era neta do rei Eduardo I de Portugal,[3] e de Lionor de Aragón e irmá do futuro rei Manuel I de Portugal.
Casou en xaneiro de 1471 en Setúbal co futuro rei Xoán II de Portugal, o seu curmán. Desta unión naceron:
- o infante Afonso de Portugal casou en 1490 con Isabel de Aragón, filla dos Reis Católicos.
- O Infante Xoán de Portugal
Xoán II tivo un fillo bastardo da súa relación cunha dama de compañía da raíña consorte, Xurxo de Lencastre. O rei tentou lexitimar a este fillo, e o certo é que o seu primoxénito estaba casado coa herdeira dos Reis Católicos e isto supuxo unha posible anexión da coroa portuguesa á coroa hispánica. A raíña Lionor opúxose con todas as súas forzas facendo que, á morte do rei, o irmán de Lionor fose nomeado herdeiro ao trono xa que era o parente lexítimo máis próximo do rei, e ascendeu ao trono en 1495 co nome de Manuel I de Portugal.[2]
Á morte de Xoán II en 1495, sucedeuno Manuel I, irmán de Lionor. Foi coñecida como a "vella raíña" e continuou sendo importante na corte, de feito foi rexente máis dunha vez. Despois retirouse ao Palau de Xabregas, porque Xoán III non lle permitiu retirarse ao convento de Odivelas. [4]
Apoiou a fundación do Hospital de Todos os Santos de Lisboa, considerado o mellor centro hospitalario da época e que foi a orixe do hospital termal de Caldas da Rainha, que leva o nome da súa honra. Tamén mandou construír o convento da Nai de Deus.[4]
Morreu en Xabregas o 17 de novembro de 1525.[4] Á súa morte foi enterrada no Mosteiro da Virxe María de Enxabregas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 Livermore, H. V. (1966-01-02). A New History of Portugal (en inglés). CUP Archive.
- ↑ Villa-Real y Valdivia 1899, p. 26.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Lionor de Avis, fundadora da Misericórdias". RTP Ensina (en portugués). Consultado o 2024-09-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionor de Viseu |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- de Paula, Francisco (1899). Tres princesas lusitanas. Bosquejos históricos (PDF) (en castelán). Granada: Tip. lit. de la Vda. é Hijos de P. V. Sabatel.