Saltar ao contido

Lycaena virgaureae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manto de oro
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Subfamilia: Lycaeninae
Xénero: 'Lycaena'
Especie: ''L. virgaureae''
Nome binomial
'Lycaena virgaureae'
Linnaeus, 1758
Sinonimia
  • Heodes virgaureae

A Lycaena virgaureae é unHa especie de lepidóptero ditrisio da familia Lycaenidae. Mide entre 18-20 mm. Os dous pares de ás do macho teñen unha cor alaranxada co bordo negro; as das femias son de cor máis escura.

Lycaena virgaureae

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópanse en Cantabria, os Pireneos, os Alpes, Europa central e oriental, Escandinavia, Rusia e Mongolia, entre os 1000 e 2000 msnm.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

As bolboretas voan entre os meses de xuño e agosto en chairas e montañas. A maior parte delas atópanse en bosques claros, veres e espazos abertos, con flores abundantes.

Os ovos invernan e eclosionan en abril. As eirugas viven até xuño entre as follas das cales se nutren, como as acedas.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy