Saltar ao contido

Música barroca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'Instrumentos musicais', do pintor barroco lombardo Baschenis.

A música barroca é un estilo da música occidental ou música clásica relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.

Características

[editar | editar a fonte]
Concerto de música barroca de The Oberlin Baroque Performance Institute Orchestra.

Precedida pola música renacentista e seguido de música do Clasicismo. Caracterizado pola aparición da tonalidade e o uso do baixo continuo, o Barroco foi a época na que formas musicais como a sonata, o concerto e a ópera.

O termo barroco foi tomado de arquitectura, onde designaba algo "retorcido", unha construción "pesada, elaborada, envolta", un lusismo que describía unha perla deformada ou falsa xoia). No século XVIII utilizábase en sentido pexorativo para describir as características do estilo do século anterior, que se consideraba "baso, estraño, áspero e anticuado".[1]

Compositores

[editar | editar a fonte]
Estatua de Johann Sebastian Bach en Mühlhausen.

Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel son considerados dous dos maiores compositores do período barroco e moitas veces son interpretados en programacións conxuntas.[2] Alén da música, compartiron outro destino: os dous ficaron cegos e foron operados polo mesmo doutor.[3]

Outros dos músicos do Barroco máis destacados son, entre outros, Johann Pachelbel, Domenico Scarlatti, Georg Philipp Telemann, Tomaso Albinoni destacan Antonio Vivaldi, Claudio Monteverdi, Henry Purcell, Dieterich Buxtehude ou Gaspar Sanz.

  1. VV.AA; Haro, Pedro Aullón de (2013-04-24). Barroco: Volumen I (en castelán). Verbum Editorial. p. 60. ISBN 978-84-7962-861-1. 
  2. "Concerto de Natal: Bach e Händel - CCB". Centro Cultural de Belém (en portugués). Consultado o 2024-11-27. 
  3. "«Bach y Haendel ciegos y operados por el mismo Doctor, jamás se conocieron» - MusicaAntigua.com" (en castelán). 2022-11-11. Consultado o 2024-11-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: Historia de la música occidental (vol. 1 e 2), Editorial Alianza Música

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy