Saltar ao contido

Mada'in Saleh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMada'in Saleh
(ar) مدائن صالح Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deArabia preislámica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Medina, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Mapa
 26°48′51″N 37°56′51″L / 26.8142, 37.9475
Composto por
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 1.621,2 ha
zona de protección: 1.659,34 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Mundo árabe
Data2008 (32ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iii) Editar o valor en Wikidata
Identificador1293

Mada'in Saleh (ou Madain Saleh) (en árabe: مدائن صالح , madāʼin Ṣāliḥ, "cidades de Saleh"), tamén denominada Al-Hijr ("lugar da rocha"), é unha antiga cidade localizada no norte de Hejaz (na actualidade Arabia Saudita, a 22 quilómetros da cidade da Al-`Ula (árabe العلا). Na Antigüidade, a cidade estaba habitada por thamudis e nabateos sendo denominada como Hegra.[1]

Algunhas das inscricións atopadas na zona están datadas cara ao segundo milenio antes de Cristo. Con todo, todos os elementos arquitectónicos restantes dátanse no período das civilizacións Thamudi e Lihyan.

En 2008, a UNESCO proclamou a Mada'in Saleh Patrimonio da Humanidade, converténdose no primeiro lugar de Arabia Saudita en conseguilo.[2]

Localización

[editar | editar a fonte]

O sitio arqueolóxico de Mada’in Saleh está situado a 20 km ó norte da cidade de Al-`Ula, 400 km ó noroeste de Medina, e a 500 km sueste de Petra, Xordania. O sitio está nunha chaira, ós pés dunha meseta de basalto, que forma parte das montañas Hijaz. As partes oeste e noroeste do sitio teñen un nivel freático que pode ser alcanzado a unha profundidade de 20 m.[3] O lugar é coñecido pola súa paisaxe desértica, marcada por afloramentos de arenita de varios tamaños e alturas.[4]

O sitio arqueolóxico de Al Hijr – Madain Salih.

Mada'in Saleh está considerada os segundos restos da cultura nabatea máis importante tras Petra. Nabataea.net indica que 131 tumbas se atopan espalladas ao longo de 13,4 quilómetros xunto con cisternas, murallas, torres, etc.[5]

  1. Al-Hijr Archaeological Site (Madâin Sâlih), Unesco.
  2. Official announcement as World Heritage Site
  3. ICOMOS Evaluation of Al-Hijr Archaeological Site (Madâin Sâlih) World Heritage Nomination". World Heritage Center.
  4. Hizon, Danny. "Madain Saleh: Arabia's Hidden Treasure – Saudi Arabia".
  5. Información de nabataea.net

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy