Manuscritos de economía e filosofía
Aparencia
Manuscritos de economía e filosofía | |
---|---|
Título orixinal | Ökonomisch-philosophischen Manuskripte aus dem Jahre 1844 e Manoscritti economico-filosofici del 1844 |
Autor/a | Karl Marx |
Lingua | lingua alemá |
Tema(s) | filosofía política |
Xénero(s) | ensaio e literatura filosófica |
Data de pub. | 1932 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Manuscritos de economía e filosofía, tamén denominados Cadernos de París ou Manuscritos de Marx de 1844, son unha serie das notas escritas entre abril e agosto de 1844 por Karl Marx. Non foron publicadas en vida do propio Marx, senón en 1932 polos investigadores Riazanov, soviético, e Lukács, húngaro. A obra está estruturada en tres manuscritos que son anteriores ao encontro do autor con Engels. Nestes textos, Marx presenta a xénese da súa obra futura, presentando influencias de Adam Smith, J. B. Say e David Ricardo.